As II Jornadas de Gestión del Patrimonio Bibliográfico, organizadas polo Grupo de Traballo de Patrimonio Bibliográfico de REBIUN e a USC, naceron coa vocación de servir de foro para a presentación e debate entre especialistas de diferentes institucións sobre os diversos aspectos da xestión das coleccións patrimoniais en bibliotecas históricas y das coleccións especiais en bibliotecas e/ou arquivos. Están dirixidas a profesionais do ámbito de bibliotecas, arquivos, restauración, documentación, investigación, mercado editorial e toda persona interesada na xestión do patrimonio bibliográfico. As comunicacións presentadas xiran en torno aos seguintes bloques temáticos: Xestión da colección (catalogación, biblioteca dixital, difusión, adquisicións, valoración e tasación, bibliotecas históricas como apoio ao estudo, docencia e investigación), conservación e restauración (condicións medioambientais, edificios e instalacións, papel, encuadernación, manipulación de materiais)

Recent Submissions

View more






Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback