Evohé: Revista Cultural do Campus de Lugo, número 30
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/19909
Files in this item
Metadata of this item
Title: | Evohé: Revista Cultural do Campus de Lugo, número 30 |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades |
Subject: | Literatura | Comentario de textos | |
Date of Issue: | 2019 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades |
Abstract: | Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo, a máis lonxeva do estudantado da USC, alcanza o seu número 30 deseñada e presentada polo seu director, Mario Sanfiz, coa colaboración de Alba González. Este trintenario conmemórase cun monográfico dedicado a comentarios de textos actuais, sobre todo de autores relacionados coa Facultade de Humanidades lucense, debido a alumnado do poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer na asignatura de Comentario de Textos Literarios. Neste monográfico coméntanse poemas de diversas temáticas -vitalista de Cristina Fiaño, sentimental de Saturnino Valladares, culturalista de Héctor Acebo, amorosa de Tera Blanco de Saracho e erótica de Adina Vladu-, así como un artigo lúdico de Miguel Anxo Murado e un relato intercultural de Saturnino Valladares. A autoría dos comentarios corresponde a Vanessa Eimil, Catalina Herrera Ravinet, Sara Flores Fraga, Eugenia Vázquez Pereira, Santiago Argüeso Galván, Marcela Bao e Mariana Vergara. Fóra do monográfico aparecen dous artigos da hispanista norteamericana Lily Litvak: un sobre o pintor cubano Aldo Menéndez e outro sobre "La novela del Ángel Rojo", dedicada ao benfeitor anarquista Melchor Rodríguez, que salvou centos de vidas durante a guerra civil española. Tamén se publican varios traballos en prosa das alumnas mexicanas de intercambio Mariana Vergara e Paula Fernández, ademais de poemas asinados por Kevin Rodríguez e Pendragon |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/19909 |
Rights: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Collections
The following license files are associated with this item: