Achegando os cambios de estado á Aula de Infantil
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/20768
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Achegando os cambios de estado á Aula de Infantil |
Autor/a: | Sesto Varela, Vanessa Bodelo García, Silvia García-Rodeja Gayoso, Isabel |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas |
Data: | 2017 |
Editor: | Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) |
Cita bibliográfica: | Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 30, Nº. 84, 2017 (Ejemplar dedicado a: Recoge los resúmenes de los contenidos presentados a: ENCIGA. Congreso (30. 2017. Allariz)), págs. 63-64 |
Resumo: | Na actualidade hai cada vez máis evidencias de que os nenos e nenas de Educación Infantil poden aprender máis do que previamente se pensaba, de aí que haxa cada vez máis estudos nos que se sinala a conveniencia de dar cabida nas aulas de Infantil aos contidos e aos procedementos das ciencias. Asemade, considérase que unha exposición temperá aos fenómenos científicos pode favorecer o desenvolvemento de destrezas, promover actitudes favorables cara a ciencia, facilitar a comprensión dos contidos científicos que o currículo prescribe en etapas educativas posteriores, e axudar ao desenvolvemento da linguaxe (Eshach, 2006). Sen embargo, malia a innegable necesidade de traballar contidos de ciencias en idades temperás, son escasas as investigacións nas que se describa a forma de pensar dos nenos e nenas de Infantil acerca de conceptos clave en ciencia como a materia e as súas transformacións. Nesta comunicación preséntase un estudo desenvolto en dúas clases (A e B) de 3º de Educación Infantil (5-6 anos) de dous centros rurais coa intención de coñecer como interpretan os cambios de estado. Semanas antes da intervención, os quince nenos e nenas da clase A desenvolveran na aula unha serie de actividades relacionadas coa evaporación no marco dun proxecto de ciencias sobre o ciclo da auga. Pola súa banda, a clase B estaba constituída por 13 nenos e nenas que, malia estar en constante contacto co medio natural, estaban pouco habituados a participar en actividades de ciencias. |
Versión do editor: | http://www.enciga.org/files/boletins/84/FQ_Sesto_Varela_Vanessa_Achegando_os_cambios_de_estado_a_aula_de_infantil.pdf |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/20768 |
ISSN: | 0214-7807 |
Dereitos: | Copyright © 2017 Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) |
Coleccións
-
- DEMPC-Artigos [570]
- RODA-Artigos [270]