Análise das interpretacións de nenos de 3º de Infantil sobre a combustión dunha candea
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/20771
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Análise das interpretacións de nenos de 3º de Infantil sobre a combustión dunha candea |
Autor/a: | Sesto Varela, Vanessa Capilla Capilla, Camila García-Rodeja Gayoso, Isabel |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas |
Data: | 2017 |
Editor: | Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) |
Cita bibliográfica: | Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 30, Nº. 84, 2017 (Ejemplar dedicado a: Recoge los resúmenes de los contenidos presentados a: ENCIGA. Congreso (30. 2017. Allariz)), págs. 65-66 |
Resumo: | Os nenos e as nenas teñen unha curiosidade e unha necesidade innata de explorar o seu entorno. Continuamente fanse preguntas e senten unha gran satisfacción cando teñen a oportunidade de tocar e manipular obxectos (Brown, 1991). Este entusiasmo e ganas de saber deben ser aproveitados para introducir actividades de ciencias na Educación Infantil, xa que a medida que os nenos van investigando sobre as propiedades dos obxectos do seu entorno, van engadindo coñecementos á súa bagaxe. Cantas máis oportunidades teñan de explorar, mellor base terán para desenvolver novos conceptos nun futuro. Por outra banda, autores como Gelman e Brenneman (2004) sinalan que a implementación de actividades de ciencias en Educación Infantil favorece o desenvolvemento cognitivo dos nenos ao darlles a oportunidade de exercitar destrezas, predicir, facer inferencias ou enfrontarse a conflitos cognitivos. Nesta comunicación preséntase un estudo desenvolto en tres grupos de nenos (A, B e C) de 3º de Educación Infantil (5-6 anos) co fin de coñecer como interpretan a combustión dunha candea dentro dun recipiente de cristal. |
Versión do editor: | http://www.enciga.org/files/boletins/84/FQ_Sesto_Varela_Vanessa_Analise_das_interpretacions_de_nenos_de_3_de_infantil.pdf |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/20771 |
ISSN: | 0214-7807 |
Dereitos: | Copyright © 2017 Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) |
Coleccións
-
- DEMPC-Artigos [570]
- RODA-Artigos [270]