Congreso da Xuventude Investigadora en Produción Primaria Sostible e Calidade e Seguridade Alimentaria (1º. 2019. Lugo)
Browse by
O I Congreso da Xuventude Investigadora en Produción Primaria Sustentable e Seguridade e Calidade Alimentaria (JIPAS 2019) é unha iniciativa da Agrupación Estratéxica BioReDes que dá continuidade a unhas xornadas cun formato moi similar celebradas o pasado ano 2018 no ámbito da produción en acuicultura, organizadas pola rede INMUNOGENOM. O éxito do formato animounos a facelo extensivo a toda a mocidade implicada na investigación relacionada coa Produción Primaria e Calidade e Seguridade Alimentaria sustentables, eixo vertebral de BioReDes, como unha forma de dar protagonismo e visibilidade aos mozos que son a base de toda a pirámide investigadora. Ademais de presentar os seus traballos e ver outros similares que proporcionarán novas ideas e suxestións metodolóxicas, os mozos investigadores poderán asistir a unha ampla gama de presentacións relacionadas co sector primario que representa un marco máis amplo onde encadrar a súa investigación. É importante que, aínda que nos convertamos en especialistas nunha temática concreta, manteñamos a mente aberta a un escenario investigador máis amplo, que pode fornecer novas interaccións, colaboracións e enfoques para a nosa investigación
Recent Submissions
-
JIPAS 2019: I Congreso da Xuventude Investigadora en Produción Primaria Sostible e Calidade e Seguridade Alimentaria : 28 e 29 de novembro
(Agrupación Estratéxica BioReDes, 2019)O I Congreso da Xuventude Investigadora en Produción Primaria Sustentable e Seguridade e Calidade Alimentaria (JIPAS 2019) é unha iniciativa da Agrupación Estratéxica BioReDes que dá continuidade a unhas xornadas cun ...