Show simple item record

dc.contributor.advisorRodríguez Rodríguez, Gonzalo
dc.contributor.authorMartínez Cabrera, Helena
dc.date.accessioned2020-06-18T07:55:54Z
dc.date.available2020-06-18T07:55:54Z
dc.date.issued2016
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/23038
dc.descriptionTraballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. Curso 2015-2016.
dc.description.abstractGalicia non é un paraíso natural: é verde eucalipto. Ou piñeiro, como ben louba Pondal no himno galego. O IV Inventario Forestal Nacional, recollía que por primeira vez na historia, o 20% da superficie arborada de Galicia corresponde a poboacións de eucalipto, 2 puntos percentuais por enriba da seguinte especie máis común, a de piñeiro pinaster ou piñeiro do país. Os últimos datos dispoñibles falan de que un 51,2% da superficie arborada de Galicia corresponde na actualidade a plantacións forestais (Vallejo Bombín, 2011). O estado do monte en Galicia evoca cuestións sobre a causalidade. Por que o monte está así? A quen interesa? Por que a fuxida cara unha monotonía na paisaxe cando dende fóra vese Galicia como unha xoia natural? Por que a repoboación con especies de crecemento rápido, como o piñeiro e eucalipto está aceptada socialmente? Que fai falla para constituír un rural vivo? Dentro desa lóxica, este TFM-12 busca revelar como os cambios no monte galego, en especial o aumento das plantacións forestais para usos industriais nas derradeiras décadas poden ter influenciado na consideración do monte como significativo para a poboación. Identidade, construción dun rural vivo e interiorización dos cambios na paisaxe. Sobre estes tres eixos xira o traballo que a continuación presentamos. Lonxe de querer constituírse o mesmo como un alegato nostálxico do sistema agrario tradicional galego, trataremos de expoñer como a extensión do cultivo de especies forestais de crecemento rápido en Galicia pode estar poñendo en risco a sostibilidade futura e presente de todo o ecosistema, tanto no senso ambiental, económico como social. Farémolo dun xeito interdisciplinar. O noso obxecto de estudo será a aceptación xeralizada e en consecuencia a falta de comportamentos reactivos a grande escala en Galicia diante os cambios no estado do monte e o uso medrante do mesmo para a produción forestal con especies de crecemento rápido. En resumo, a aceptación da eucaliptización.
dc.language.isoglg
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectEucalipto
dc.subjectEucalyptus
dc.subjectGalicia
dc.subjectPlantaciones forestais
dc.subjectPlantacións forestais
dc.subjectForest plantations
dc.subjectMonte galego
dc.subjectMonte gallego
dc.subjectSilvicultura
dc.subjectForestry
dc.titleSentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/masterThesis
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais


Files in this item

application/pdf
Name: TFM_12_Martinez_Cabrera_Helena.pdf
Size: 2.135 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Except where otherwise noted, this item's license is described as  Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback