Aparello locomotor activo
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/23130
Files in this item
Metadata
Title: | Aparello locomotor activo |
Author: | Fernández de Trocóniz Revuelta, Patricia |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía e Produción Animal Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria |
Subject: | Anatomía Veterinaria I | Grao en Veterinaria | |
Date of Issue: | 2014 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Series/Report no.: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Anatomía Veterinaria I ; 3 |
Abstract: | O plano de estudos do grao en veterinaria inclúe 18 ECTS para á materia básica da rama de Ciencias da Saúde «Anatomía Animal», posteriormente dividida en tres disciplinas de 6 ECTS cada unha: Anatomía Veterinaria I, Anatomía Veterinaria II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria. A Anatomía Veterinaria proporcionará ao alumno «coñecementos de morfoloxía, topografía e estrutura dos órganos e sistemas» (RD 1393/2007). Dado que o curriculum de Bioloxía, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) como no Bacharelato, inclúe o estudo da organización do corpo humano, poderíamos pensar que os alumnos que comezan a titulación posúen coñecementos básicos de anatomía e histoloxía. Porén a realidade é outra, e obriga a un deseño das disciplinas que aborde os conceptos xerais dende o principio. En Anatomía Veterinaria I, impartida no primeiro semestre do Grao en Veterinaria, abórdase unha parte da organización e constitución do corpo animal: o sistema locomotor, o sistema nervioso, os órganos dos sentidos e a pel coas súas especializacións. O estudo dos sistemas viscerais será obxecto da Anatomía Veterinaria II no segundo semestre. Ambas deberán fornecer as bases para afrontar con seguridade o estudo de disciplinas posteriores tales como a Fisioloxía e a Patoloxía, pero de maneira máis directa a Anatomía Patolóxica, a Cirurxía e as técnicas de diagnóstico por imaxe. A unidade didáctica III desenvolverase ―en función do calendario académico de cada ano― dende finais de outubro ata rematar o mes de novembro. Está deseñada como guía ou ferramenta coa que artellar os recursos para adquirir, entender e fixar os coñecementos relativos á disciplina, e só trata aspectos xerais dos contidos que serán desenvolvidos con maior amplitude nos materiais docentes dispoñibles na aula virtual, de xeito que poidan actualizarse sen afectar á utilidade da guía. Nesta unidade didáctica se definen en primeiro lugar, os obxectivos de aprendizaxe que marcan os contidos a desenvolver. Tamén se fai mención á metodoloxía de ensino e aos recursos necesarios así como ao sistema de avaliación e á bibliografía de consulta recomendada. |
Description: | Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Anatomía Veterinaria I |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/23130 |
ISBN: | 978-84-16183-33-3 |
Rights: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2014. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Collections
-
- ACS-Unidades didácticas [32]
- SNL - Unidades didácticas [121]
The following license files are associated with this item: