dc.contributor.author | Fernández de Trocóniz Revuelta, Patricia |
dc.date.accessioned | 2020-07-15T10:58:41Z |
dc.date.available | 2020-07-15T10:58:41Z |
dc.date.issued | 2014 |
dc.identifier.isbn | 978-84-16183-33-3 |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/23130 |
dc.description | Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Anatomía Veterinaria I |
dc.description.abstract | O plano de estudos do grao en veterinaria inclúe 18 ECTS para á materia básica da
rama de Ciencias da Saúde «Anatomía Animal», posteriormente dividida en tres
disciplinas de 6 ECTS cada unha: Anatomía Veterinaria I, Anatomía Veterinaria II e
Citoloxía e Histoloxía Veterinaria. A Anatomía Veterinaria proporcionará ao alumno
«coñecementos de morfoloxía, topografía e estrutura dos órganos e sistemas» (RD
1393/2007).
Dado que o curriculum de Bioloxía, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria
(ESO) como no Bacharelato, inclúe o estudo da organización do corpo humano,
poderíamos pensar que os alumnos que comezan a titulación posúen coñecementos
básicos de anatomía e histoloxía. Porén a realidade é outra, e obriga a un deseño das
disciplinas que aborde os conceptos xerais dende o principio.
En Anatomía Veterinaria I, impartida no primeiro semestre do Grao en Veterinaria,
abórdase unha parte da organización e constitución do corpo animal: o sistema
locomotor, o sistema nervioso, os órganos dos sentidos e a pel coas súas
especializacións. O estudo dos sistemas viscerais será obxecto da Anatomía
Veterinaria II no segundo semestre. Ambas deberán fornecer as bases para
afrontar con seguridade o estudo de disciplinas posteriores tales como a Fisioloxía
e a Patoloxía, pero de maneira máis directa a Anatomía Patolóxica, a Cirurxía e as
técnicas de diagnóstico por imaxe.
A unidade didáctica III desenvolverase ―en función do calendario académico
de cada ano― dende finais de outubro ata rematar o mes de novembro. Está deseñada
como guía ou ferramenta coa que artellar os recursos para adquirir, entender e fixar
os coñecementos relativos á disciplina, e só trata aspectos xerais dos contidos que
serán desenvolvidos con maior amplitude nos materiais docentes dispoñibles na aula
virtual, de xeito que poidan actualizarse sen afectar á utilidade da guía.
Nesta unidade didáctica se definen en primeiro lugar, os obxectivos de
aprendizaxe que marcan os contidos a desenvolver. Tamén se fai mención á
metodoloxía de ensino e aos recursos necesarios así como ao sistema de avaliación e
á bibliografía de consulta recomendada. |
dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística |
dc.language.iso | glg |
dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Anatomía Veterinaria I ; 3 |
dc.rights | © Universidade de Santiago de Compostela, 2014. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ |
dc.subject | Anatomía Veterinaria I |
dc.subject | Grao en Veterinaria |
dc.title | Aparello locomotor activo |
dc.type | info:eu-repo/semantics/book |
dc.rights.accessrights | info:eu-repo/semantics/openAccess |
dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía e Produción Animal |
dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria |