Show simple item record

dc.contributor.authorLópez Caneda, Eduardo Guillermo
dc.date.accessioned2020-07-16T08:27:15Z
dc.date.available2020-07-16T08:27:15Z
dc.date.issued2012
dc.identifier.isbn978-84-9887-881-3
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/23154
dc.descriptionTitulación: Grao en Psicoloxía -- Materia: Farmacoloxía do Comportamento
dc.description.abstractA materia de Farmacoloxía do Comportamento é unha materia optativa de segundo ciclo da especialidade de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Licenciatura en Psicoloxía, pero pode moi ben ser seguida por calquera alumna/o de calquera especialidade que o desexe. A súa condición de optativa circunscribiranos a traballar entre persoas interesadas a priori en coñecer os seus contidos e dotarse das competencias básicas para o manexo de psicofármacos que requiren as tarefas propias da Psicoloxía. Aínda que non se establecen prerrequisitos normativos para cursala (excepto os xerais do plano de estudos) parece conveniente ter superadas as materias da área de psicobioloxía dos tres primeiros cursos. Se non fose así, ó menos sería necesario telas estudado para comprender o alcance dos conceptos básicos de neurociencias que empregaremos. O programa doutras materias necesariamente complementarias da nosa, como a psicopatoloxía, algunhas materias de psicoterapia ou técnicas terapéuticas, irá avanzando ao par que nos vaiamos vendo temas en psicofarmacoloxía. Tentaremos coordinar os nosos pasos e, en todo caso, os aspectos de terapia farmacolóxica nas principais entidades psicopatolóxicas aparecerán cara ao final do noso programa. A materia de farmacoloxía do comportamento é cuadrimestral. Ao longo do segundo cuadrimestre do curso teremos docencia presencial teórica e práctica en grupos reducidos, disporemos dun curso virtual, no contorno web-ct, que está pensado para ser utilizado como complemento da docencia presencial. A última das leccións incluídas dentro desta materia e que será obxecto desta unidade didáctica é Drogas de abuso e adicción a psicofármacos, tema fundamental no coñecemento dos mecanismos neurobiolóxicos que dan lugar ós comportamentos aditivos así como na comprensión das causas e consecuencias das drogodependencias. A duración estimada desta unidade didáctica é de seis horas teóricas (catro de clases maxistrais e dúas de debate cun experto en drogodependencias) e dúas horas de prácticas a desenvolver no laboratorio nunha única sesión.
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Farmacoloxía do Comportamento ; 4
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectFarmacoloxía do Comportamento
dc.subjectGrao en Psicoloxía
dc.titleDrogas de abuso e adicción a psicofármacos
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/book
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía


Files in this item

application/pdf
Name: ud4_farmacoloxíadocomportamento_lópez.pdf
Size: 1017. Kb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

© Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Except where otherwise noted, this item's license is described as  © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback