Sistemas dispersos heteroxéneos: bases fisicoquímicas
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/23174
Files in this item
Metadata
Title: | Sistemas dispersos heteroxéneos: bases fisicoquímicas |
Author: | Otero Espinar, Francisco Javier |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Farmacia |
Subject: | Tecnoloxía Farmacéutica I | Licenciatura en Farmacia | |
Date of Issue: | 2008 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Series/Report no.: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Tecnoloxía Farmacéutica I ; 2.1 |
Abstract: | Cando un composto é soluble noutro podemos formar unha disolución verdadeira. Nesta, o soluto atópanse dispersado a nivel molecular no disolvente de maneira que as moléculas de disolvente e de soluto posúen tamaño similar, polo que podemos asumir que as moléculas de soluto están distribuídas uniformemente no disolvente. En cambio, se unha subtancia é insoluble noutra, non poderemos dispersala a nivel molecular. Non obstante, o que poderemos facer é dividila en pequenas unidades e distribuílas no seo da substancia que actúa como fase dispersante. Neste caso, obteremos un sistema disperso heteroxéneo (SDH) no que as unidades da fase dispersa teñen un tamaño moito maior que as moléculas do disolvente ou da fase dispersante. Os SDH son polo tanto aqueles nos que unha substancia (a fase dispersa) atópase dispersa ou dividida (en unidades con tamaño superior ás 0.5 μm), no seo doutra (a fase dispersante ou continua). A nivel farmacéutico os SDH típicos son as suspensións, fi nas partículas dun sólido distribuídas nun líquido; e as emulsións nas que gotas dun líquido se dispersan noutro líquido co que non é miscible. Os distintos tipos de SDH (cadro 4.1.) atopan aplicacións en campos moi diversos, dende a cociña ás tecnoloxías máis avanzadas. Neste tema centrarémonos na súa utilización no campo da tecnoloxía farmacéutica. A principal característica dos SDH é que son inestables dende un punto de vista termodinámico, polo que ao cabo do tempo tenden á separación das fases de seu coa consecuente rotura do sistema. Nesta unidade didáctica tentaremos describir todos aqueles aspectos que están directa e indirectamente relacionados coa inestabilidade dos SDH, para contar coa base necesarias para afrontar con éxito a elaboración de emulsións, suspensións e sistemas coloidais farmacéuticos estables. |
Description: | Titulación: Licenciatura en Farmacia -- Materia: Tecnoloxía Farmacéutica I |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/23174 |
ISBN: | 978-84-9750-924-4 |
Rights: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2008. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Collections
-
- ACS-Unidades didácticas [32]
- SNL - Unidades didácticas [121]
The following license files are associated with this item: