dc.contributor.author | Panadero Fontán, Rosario |
dc.contributor.author | López Sández, Ceferino Manuel |
dc.date.accessioned | 2020-07-17T11:35:05Z |
dc.date.available | 2020-07-17T11:35:05Z |
dc.date.issued | 2012 |
dc.identifier.isbn | 978-84-9887-899-8 |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/23176 |
dc.description | Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Enfermidades Parasitarias II |
dc.description.abstract | Esta unidade didáctica denominada Enfermidades parasitarias das abellas
forma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no
primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta
de 3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses.
Cada unha delas está composta por varias unidades didácticas.
Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao en
Veterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y
Acreditación» (ANECA), as materias Enfermidades Parasitarias I e II forman
parte do grupo de sanidade animal e están moi relacionadas coas materias
que integran este grupo: epidemioloxía, parasitoloxía, enfermidades
infecciosas, medicina preventiva e policía sanitaria, e zoonoses e saúde
pública.
Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de
4º curso do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de enfermidades
parasitarias I, parasitoloxía, epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía,
inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía
xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía,
farmacia e terapéutica, e serán impartidos en dúas sesións de docencia
teórica, unha de prácticas clínico-laboratoriais e unha de seminarios.
A formación que o alumnado adquire sobre a disciplina de
enfermidades parasitarias achega ó profesional veterinario un amplo
coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión,
acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control
dos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de forma
individual como colectiva e, especialmente, neste último caso, posto que as
enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns
das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no
estudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controlar as
afeccións que se transmiten dos animais ó ser humano (zoonoses) e de
certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo
desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de
Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a Administración debe
elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana. |
dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística |
dc.language.iso | glg |
dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Enfermidades Parasitarias II ; 9 |
dc.rights | © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ |
dc.subject | Enfermidades Parasitarias II |
dc.subject | Grao en Veterinaria |
dc.title | Enfermidades parasitarias das abellas |
dc.type | info:eu-repo/semantics/book |
dc.rights.accessrights | info:eu-repo/semantics/openAccess |
dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Patoloxía Animal |
dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria |