dc.contributor.author | Rigueira Rey, Lucas |
dc.contributor.author | Miranda Castañón, Marta Inés |
dc.date.accessioned | 2020-07-20T11:36:04Z |
dc.date.available | 2020-07-20T11:36:04Z |
dc.date.issued | 2011 |
dc.identifier.isbn | 978-84-9887-776-2 |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/23178 |
dc.description | Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Clínica Médica Veterinaria II |
dc.description.abstract | Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: afeccións do
abomaso» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se
imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta
materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos
animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías
cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas
trátanse por especies. Nunha primeira parte estúdanse as patoloxías
dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse
dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A
continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se
encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías
do rumen, do abomaso e de lactantes. Remata a materia co estudo das
patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e
está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias.
Xustificación da unidade temática no contexto da materia e da
titulación, requisitos previos e duración
Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a
actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da
devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é
fundamental para a clínica do gando vacún e para a patoloxía da produción.
Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias
clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente
adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola
aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente
cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía,
fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e
terapéutica e diagnóstico pola imaxe. O igual que noutras materias será moi
útil ter coñecementos de inglés e informática.
Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en seis horas:tres de docencia teórica e tres de prácticas clínicas. |
dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística |
dc.language.iso | glg |
dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Clínica Médica Veterinaria II ; 6 |
dc.rights | © Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ |
dc.subject | Clínica Médica Veterinaria II |
dc.subject | Grao en Veterinaria |
dc.title | Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso |
dc.type | info:eu-repo/semantics/book |
dc.rights.accessrights | info:eu-repo/semantics/openAccess |
dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias |
dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria |