Show simple item record

dc.contributor.authorHerrero Oviedo, Margarita
dc.date.accessioned2020-09-16T06:51:50Z
dc.date.available2020-09-16T06:51:50Z
dc.date.issued2010
dc.identifier.isbn9788498875416
dc.identifier.otherD.L. C. 3972-2010
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/23267
dc.descriptionTitulación: Licenciatura en Dereito -- Materia: Dereito Civil IV. Reais
dc.description.abstractOs dereitos reais de garantía son unha categoría especialmente importante dos dereitos reais, posto que nos encontramos nunha sociedade onde o principio de responsabilidade patrimonial universal resulta insuficiente. Esta insuficiencia viría a provocar unha paralización do tráfico xurídico e con iso, do tráfico económico. Ante este feito, o dereito pon ao alcance do cidadán instrumentos xurídicos específicos para evitar o incumprimento absoluto dos seus dereitos de crédito. Deste xeito os dereitos reais de garantía supoñen un reforzamento das garantías para o cobro e, como consecuencia, un aumento da confianza dos suxeitos que lles leva a un incremento das transaccións. Os instrumentos de garantía que o dereito pon ao noso alcance son moi diversos e algúns constitúen figuras tradicionais no noso dereito, se ben algúns caeron no desuso, como é o caso da anticrese. En cambio, outras garantías son de recente aparición no noso ordenamento e viñeron a solucionar novas necesidades que a evolución da sociedade fixo nacer, é o caso da hipoteca mobiliaria e do peñor sen desprazamento da posesión. Pero sen dúbida ningunha, dentro dos dereitos reais de garantía o máis importante é a hipoteca inmobiliaria. Esta figura converteuse nun dos piares da economía española posto que é a garantía por antonomasia: a seguridade que a hipoteca suscita, procedente basicamente do bo funcionamento do Rexistro da Propiedade, fai que sexa o instrumento de garantía ao que se recorre con maior frecuencia. A figura da hipoteca inmobiliaria eríxese na garantía máis utilizada como forma de financiamento da compra de vivenda. Está claro que os altos prezos que as vivendas alcanzaron en España fai practicamente imposible a súa compra ao contado, polo que resulta imprescindible, polo menos para a maior parte da poboación recorrer ao préstamo, préstamo que as entidades financeiras unicamente están dispostas a conceder se a operación se garante a través da constitución de hipoteca. Tendo en conta a importancia que o mercado inmobiliario ten no noso pais (de feito, a crise actual procede do desastre deste mercado), fácil é comprender a afirmación feita de que la hipoteca é un dos piares da economía española. Por todo iso, non é difícil que alguén de nós algunha vez entremos en contacto con la figura da hipoteca, de aí o interese que o seu estudo ten, non só para os estudantes da Licenciatura de Dereito, senón tamén para o cidadán en xeral. As outras garantías reais teñen un peso máis heteroxéneo no conxunto da categoría, se ben algunhas delas alcanzaron moita importancia nos mercados máis especializados tamén son alternativas ás que recorrer cando non se conta cun ben inmoble que ofrecer como garantía. En definitiva, nesta unidade didáctica preténdese o estudo de figuras que, a pesar do seu carácter accesorio dos outros dereitos, non obstante, se converten en pezas fundamentais para o correcto funcionamento do tráfico xurídico que posibilita o intercambio de bens e servizos
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Dereito Civil IV. Reais;7
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectHipotecas
dc.subjectEspaña
dc.titleOs dereitos reais de garantía
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/book
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Files in this item

application/pdf
Name: dereitos_reais_garantia.pdf
Size: 378.5 Kb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
This item's license is described as
 © Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)





Harvesters:Interesting links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback