Show simple item record

dc.contributor.authorBouzada Gil, María Teresa
dc.date.accessioned2020-09-16T07:57:43Z
dc.date.available2020-09-16T07:57:43Z
dc.date.issued2010
dc.identifier.isbn9788498875409
dc.identifier.otherD.L. C. 3973-2010
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/23275
dc.descriptionTitulación: Grao en Dereito -- Materia: Fundamentos Históricos do Dereito
dc.description.abstractA disciplina xurídica Fundamentos Históricos do Dereito atópase na Memoria de Grao da Facultade de Dereito da USC como unha materia troncal no primeiro cuadrimestre do primeiro curso, cunha asignación de seis créditos ECTS. Nesta materia abórdase a evolución do Dereito español, das súas fontes e das súas institucións, dende a chegada dos romanos á Península ata a actualidade. A vinda dos romanos supuxo un fito xurídico fundamental na nosa historia xurídica, ata o punto que se chegou a definir o Dereito español, quizás exaxeradamente pero de modo elocuente, como «o dereito romano evolucionado no peculiar ambiente hispánico»; tal é a súa transcendencia para a nosa historia xurídica. Non obstante, non só é o Dereito romano o sistema xurídico determinante para a formación do Dereito español: fundamentalmente o Dereito Canónico e, xa en moita menor medida, os Dereito Xermánico e Feudal, tamén deben ser tidos en conta na exposición dunha evolución da Historia do Dereito en España. De todos os xeitos, calquera exposición de Historia do Dereito xera varios problemas metodolóxicos: un deles refírese ó ámbito espacial: que enmarca España? A entidade política que hoxe se coñece por España é froito dun proceso bimilenario, que pasou por vaivéns históricos: dende a unidade da Hispania baixo o Imperio romano e, aínda baixo a Monarquía goda, pasouse á aparición no Medievo e trala conquista musulmá que desbaratou a antiga unidade política, relixiosa e xurídica visigoda, a unha serie de formacións político-xurídicas novas que, tras uns séculos de vida independente, pouco a pouco se van unindo entre elas ata formar as Coroas (de Castela e de Aragón) xa no Baixomedievo, e que darán paso na Idade Moderna a Monarquía Universal. Ademais do problema de cando se pode falar –se pode– de España e das diferenzas políticas e xurídicas do seus territorios ata o século XVIII, polo menos, outro segundo problema é o tratamento que nunha disciplina histórico-xurídica debemos dar ós outros sistemas xurídicos que houbo no soar hispánico: por exemplo, o Dereito musulmán e o Dereito hebreo (dous pobos cos que estivemos en contacto durante oito séculos, pero que tan pouco deixaron no nosa Historia do Dereito); ou ben, o Dereito español que “se exportou” a outros territorios que hoxe non son España pero que o foron (as Indias, por exemplo) e que determinan que o Dereito dos estados nados á calor da emancipación colonial americana fosen moi influídos polo Dereito español; e isto vese de xeito moi acusado na Codificación do século XIX nestes estados americanos. Outro problema metodolóxico implica comprender que a unidade política lograda no século XVIII na cabeza da Monarquía Universal moderna, non supón, necesariamente, a unidade xurídica. E así, a diversidade xurídica dos distintos territorios que a compón, se mantén. A unidade xurídica comezará a acadarse trala Guerra de Sucesión, no século XVIII, e cos Decretos de Nova Planta de Filipe V. Grazas ás doutrinas do Racionalismo e Iluminismo se desenvolve, sobre todo nos estados centroeuropeos e Francia, a idea de igualdade xurídica materializadas coas Constitucións e Códigos xa no século XIX (con todo, cómpre recordar que xa se producira o experimento da Constitución e da carta de Dereitos fundamentais, no século XVII, no nacente Estados Unidos de América). Por último, e, como xa comentaramos, non só debemos considerar o Dereito secular, tamén con moita atención, especialmente, debemos tratar o Dereito Canónico, que tanta influencia tivo dende os emperadores romano-cristiáns ata o século XIX no devir xurídico de España. Esta Unidade Didáctica vén ser nomeada Codificación. O tema é dunha importancia innegable. Os códigos son os novos libros xurídicos nados á luz das correntes ideolóxicas da Ilustración e do Racionalismo no século XVIII. Representan a evolución e desenvolvemento de principios xurídicos que veñen de períodos históricos precedentes. E materializan un Dereito legal –onde a lei é a principal fonte de Dereito, relegando definitivamente o costume–, un Dereito único –a materia que regula cada código é unha: civil, penal, mercantil–, un Dereito seguro –o dereito contido nos códigos é certo, non se somete a incerteza de épocas anteriores na Historia–, e, por último, un Dereito igual –todos os nacionais están suxeitos ó mesmo dereito–. Os Códigos representan un novo modo de estruturar o Estado e son o complemento imprescindible das Constitucións. Códigos e Constitucións son complementarios. O proceso codificador é un fenómeno estritamente europeo levado posteriormente a outros estados de nova aparición, antigas colonias das nacións europeas. Os Códigos substitúen as antigas recompilacións xurídicas –libros de Dereito propios da Idade Moderna e representativos da organización estamental e do pensamento filosóficopolítico do Antigo Réxime–. Se ben é certo que houbo xa os primeiros intentos codificadores no século XVIII en monarquías como Austria, Prusia e Francia, o certo é que será no século XIX cando o proceso codificador se estenderá por todos os estados europeos. Cada país, á calor da súas constitucións, elaboran os seus propios códigos. O proceso codificador español é particular, especialmente, no que atinxe ó Dereito Civil. Por mor da influencia do pensamento alemán e da Escola Histórica do Dereito, sobre todo en determinadas zonas peninsulares, nomeadamente, Cataluña, pero tamén en Aragón o Navarra, deféndese o mantemento das peculiaridades forais e tradicionais do dereito destas zonas a pesares da elaboración do Código Civil que esixe, pola súa natureza, un mesmo dereito, un dereito igual, para todos os seus destinatarios, é dicir, para todos os españois. Isto supón que un dos principios fundamentais da Codificación, a igualdade xurídica entre os nacionais, non quere ser considerada en España ó pretender certas rexións forais o mantemento da súas peculiaridades histórico-xurídicas. Nesta Unidade Didáctica 8 imos abordar un concreto aspecto do complexo desenvolvemento histórico do Dereito español, o proceso codificador, nunha tripla perspectiva: o pensamento europeo que favorece a Codificación en todo o continente, tamén en España, con alusión á codificación nalgúns estados do noso contorno xurídico-cultural; o proceso codificador en España, propiamente; e, por último, a influencia dos códigos españois nos Estados americanos que foran antigas colonias e que durante séculos tiveron como Dereito propio, o Dereito español. A duración da Unidade Didáctica é de 13 horas (3 horas expositivas e 8 horas de práctica presencial e dúas horas de busca de material en Bibliotecas e Internet.
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.relation.ispartofseriesUnidades didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Fundamentos Históricos do Dereito;8
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectDereito
dc.subjectCodificación
dc.titleCodificación
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/book
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Files in this item

application/pdf
Name: codificacion.pdf
Size: 809.0 Kb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
This item's license is described as
 © Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)





Harvesters:Interesting links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback