O proxecto educativo dos Irmáns García Naveira nas escolas do asilo de Betanzos
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/23366
Files in this item
Metadata of this item
Title: | O proxecto educativo dos Irmáns García Naveira nas escolas do asilo de Betanzos |
Author: | Fuentes Abeledo, Eduardo José Muñoz Carril, Pablo César |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Pedagoxía e Didáctica |
Subject: | Educación | Betanzos | Irmáns García Naveira | Escola | |
Date of Issue: | 2020 |
Publisher: | Xunta de Galicia |
Citation: | Fuentes Abeledo, E., Muñoz Carril, P.C. (2020). O proxecto educativo dos Irmáns García Naveira nas escolas do asilo de Betanzos. EDUGA. Revsita galega do ensino. 79. Recuperado de: http://www.edu.xunta.gal/eduga/1923/nosa-escola/o-proxecto-educativo-dos-irmans-garcia-naveira-nas-escolas-do-asilo-betanzos |
Abstract: | En Betanzos, as Escolas García Irmáns eran coñecidas como Escolas do Asilo. O edificio do centro educativo estaba a carón do Asilo García Irmáns, outra das obras produto da xenerosidade destes fillos de Betanzos. As Escolas creáranse para acoller, sobre todo, os nenos «pobres» e «orfos» e contaban con aulas para alumnos e alumnas. En Galicia, como se recolle en traballos de investigadores como Cid Fernández (1994), Costa Rico (2004) ou Peña Saavedra (1991 e 1995/96), foi un numeroso grupo de emigrantes en América o que apostou pola defensa dos dereitos de toda a poboación, pola xustiza e a prosperidade a través da educación. No ano 1914 realizáronse diversos actos no Centenario das Escolas dos Irmáns García Naveira en agradecemento ao seu compromiso co desenvolvemento do dereito á educación. Na primeira parte deste artigo deterémonos en comentar aspectos do seu proxecto educativo para facer realidade este dereito. No seguinte apartado afondaremos máis polo miúdo en analizar a forma de plasmalo na práctica a través dun profesorado cun perfil innovador, con tacto pedagóxico, capaz de desenvolver estratexias didácticas e de usar aparellos, medios e recursos novidosos a comezos do século XX No terceiro apartado identificamos e comentamos aspectos da organización escolar que revelan a calidade da proposta. No último apartado, ofrecemos unhas conclusións e reflexións xerais e destaca como os García Naveira pensaron en variados contextos de aprendizaxe para facilitar unha educación de calidade e potenciar o pracer de aprender. |
Publisher version: | http://www.edu.xunta.gal/eduga/1923/nosa-escola/o-proxecto-educativo-dos-irmans-garcia-naveira-nas-escolas-do-asilo-betanzos |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/23366 |
ISSN: | 2171-6595 |
Rights: | © 2020 Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Educación |
Collections
-
- DPD-Artigos [397]
- MESTURA-Artigos [44]