Identidade e coñecemento no culto dionisíaco e nas Bacantes de Eurípides
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/23409
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Identidade e coñecemento no culto dionisíaco e nas Bacantes de Eurípides |
Autor/a: | García Paleo, Elena |
Dirección/Titoría: | García López, Yolanda |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía |
Palabras chave: | Culto dionisíaco | Relixións mistéricas | Identidade | Bacantes | Eurípides | |
Data: | 2018-10-23 |
Resumo: | Este traballo ten como idea xeral a interese por tres cuestións centrais: os conceptos antigos sobre as transformacións de identidade e en que modo estes modelan a representación, a forte imbricación entre identidade y coñecemento no mundo grego e o papel que xogan as relixións mistéricas (moi especialmente a dionisíaca) nestas dúas concepcións. Para tratar estes aspectos tomarase como modelo As Bacantes de Eurípides, xa que é un texto emblemático neste ámbito porque, entre outras causas, é un texto que xoga moi abertamente coa fusión entre as experiencias rituais dionisíacas e a experiencia teatral. Ademais é unha obra ande o coñecemento funciona como un dos temas centrais. Un motivo recurrente aquí é o de ser ou non ser capaz de ver e comprender a divinidade, plantearnento típico das experiencias mistéricas. Para o desenrolo do tema seguiranse estas pautas: Por un lado, situarase dentro das interpretacións ritualistas da traxedia grega a tese de que unha clave esencial para descifrar a mesma é a consideración de Dioniso como deus dun culto mistérico; a través da remarcación dos elementos textuais que permiten afirmar o se u vínculo con este culto. Así mesmo, analizaranse detalladamente as escenas de Bacantes ande se presenta máis abertamente a alteración de identidades dos personaxes: as súas metamorfoses externas e internas; para establecer a relación deses motivos co máis recorrente na traxedia: a epifanía, revelación -ou non- da divinidade. Por outro lado, exporase un tratamento das experiencias de alienación nos cultos mistéricos: que se sabe e como se interpreta. Finalmente, intentaranse combinar lecturas mistéricas e psicolóxicas ou metateatrais en Bacantes. |
Descrición: | Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2018-2019 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/23409 |
Dereitos: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: