Problemas discursivos nos textos escritos en galego por alumnado de segundo de bacharelato
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/24087
Files in this item
Metadata
Title: | Problemas discursivos nos textos escritos en galego por alumnado de segundo de bacharelato |
Author: | Gómez Gallego, Ana |
Advisor: | Álvarez de la Granja, María |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía |
Subject: | Galego escrito | Análise do discurso | Textualidade | Alumnos de secundaria | Corpus ORTEGAL | Ensino do galego | |
Date of Issue: | 2020-06 |
Abstract: | Ao final da etapa postobrigatoria da Educación Secundaria supónselle ao alumnado galego un elevado dominio da expresión escrita en lingua galega: para superar esta fase necesitan, en principio, coñecer o código e mais os procesos de composición textual. Non obstante, como é natural, os escritos destes aprendentes presentan unha serie de problemas que convén identificar e analizar para sermos máis eficientes á hora de atallalos desde as aulas ao longo do proceso de aprendizaxe. O obxectivo do traballo é analizar algúns dos problemas de tipo discursivo que presentan estes textos e achegar unha proposta de clasificación dos mesmos. A tal efecto, partirase do marco teórico da gramática textual. Esta disciplina estuda o texto como unha unidade comunicativa; isto é, unha unidade superior ao enunciado que consta de oracións que se interrelacionan entre si e que é percibida por emisor e receptor como unha unidade semántica autónoma. O diálogo entre as compoñentes formais, as pragmáticas e as semánticas do texto é o que consegue que a unidade textual sexa entendida como un todo articulado. Se estes factores se relacionan do xeito adecuado cúmprensen as propiedades de coherencia, de cohesión, de informatividade, de intencionalidade...Entón, hai textualidade. Problemas relacionados con estas propiedades son aos que se lles dedicará atención na análise da mostra de escritos de alumnos que finalizan a secundaria. Ao abeiro deste marco teórico, será proposta unha clasificación dos problemas discursivos que se poden atopar nos escritos. A mostra que se vai analizar estará composta por unha serie de textos argumentativos tirados das probas ABAU, concretamente da proba de lingua e literatura galega do curso 2016-2017. Os textos que se empregarán son algúns dos que se están utilizando para conformar o corpus CORTEGAL, elaborado no Instituto da Lingua Galega. Unha vez descrita a mostra e obtida a clasificación coa que se vai traballar, pasarase a presentar e analizar os resultados obtidos, e así extraer as conclusións pertinentes. O traballo desenvolverase tendo presente en todo momento o obxectivo de auxiliar aos aprendentes no proceso de construción de unidades textuais en lingua galega e aos docentes no labor de ensinar os mecanismos deste proceso construtivo |
Description: | Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2019-2020 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/24087 |