Show simple item record

dc.contributor.advisorRodríguez Rodríguez, Gonzalo
dc.contributor.authorAcevedo Iglesias, Sergio
dc.date.accessioned2021-03-10T14:06:10Z
dc.date.available2021-03-10T14:06:10Z
dc.date.issued2020
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/24687
dc.descriptionTraballo Fin de Grao en Administración e Dirección de Empresas
dc.description.abstractO maior valor da aleta de tiburón en comparación co resto do animal dende o punto de vista económico incentivou a pescadores a practicar finning, polo que os buques de pesca aforraban espazo de bodega para logo poder encher con peixes máis valiosos, como o espada ou o atún. Tratándose dunha práctica cruel que afecta ao ecosistema, estritamente lexislada (prohibida) dende inicios do recente século, e sendo España, Galicia en especial, dos maiores produtores do mundo de tiburón, demanda a realizar este informe que comprobe o cumprimento ou incumprimento das normativas da frota europea. Examínase a nivel europeo por dous motivos: o primeiro é que están sometidos ás mesmas regulacións (en 2003 se prohibe o finning por lei aínda que si se permite cernar as aletas establecendo como medida de control unha relación de peso aleta-corpo (5%) como límite, e en 2013 elimina as exencións, tendo que desembarcarse as aletas adheridas ó corpo), e o segundo é polos mesmos hábitos de consumo (Europa non consume aletas). Esta segunda razón permite analizar o cumprimento en base o comercio internacional, asumindo que todo o producido e importado será exportado/reexportado. Cos datos acadados se determinou que España incumpriría en tódolos anos entre 2000 e 2011. Sen embargo, a comunidade científica demostrou que o 5% lexislado non é o adecuado para a frota europea, requirindo un máis alto. Ademais, os valores comerciais empregados son ponderacións dunha estimación media anual que está en bruto, cando o ideal sería valores reais e netos. A carencia destes datos débese a que previo a 2012 non existían códigos arancelarios diferenciados para aletas de tiburón. Para o período posterior a 2012, xa con valores oficiais, estes en realidade son inconsistentes, limitando a análise. É un problema que sucede globalmente, non só en Europa. Por este motivo, sospéitase que se debe a unha codificación arancelaria errada, que en calquera caso, en termos xerais, en Europa se pode descartar que se deba a pesca INDNR grazas á norma de aletas adheridas. Ante todo, cos datos presentes non se pode afirmar a existencia de finning nin en España nin no entorno Europeo. Por outro lado, ambas normativas foron criticadas por diversos grupos de interese ao ter un impacto socioeconómico negativo, demandando un debate sobre a adecuación das políticas.
dc.language.isoglg
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectFinning
dc.subjectAleta de tiburón
dc.subjectShark fin
dc.subjectBuques de pesca
dc.subjectFishing vessels
dc.subjectINDNR
dc.subjectNorma aletas adheridas
dc.subjectStandard bonded flaps
dc.subjectEuropa
dc.subjectEurope
dc.subjectGalicia
dc.titleO finning: eficiencia das políticas e evolución do comercio de aletas de tiburón na Unión Europea
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesis
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais


Files in this item

application/pdf
Name: 2020_tfg_Acevedo_finning.pdf
Size: 1.147 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Except where otherwise noted, this item's license is described as  Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback