Fray Mocho : semanario festivo, literario, artístico y de actualidades
Browse by
Revista semanal fundada en Bos Aires. O seu primeiro número apareceu o 3 de maio de 1912 e publicou 196 fascículos ata 1916, aínda que continuou activa durante unha década (a data de cese varía entre 1929 e 1932 segundo as fontes consultadas). A súa denominación é unha homenaxe a José S. Álvarez, escritor e xornalista arxentino que empregaba o seudónimo “Fray Mocho” e foi o director da revista Caras y Caretas.
Fray Mocho é o resultado da iniciativa dun grupo de debuxantes e redactores procedentes de Caras y Caretas que, desconformes coa nova liña adoptada por esta, decidiron fundar unha publicación que continuase o seu carácter editorial, dándolle un espazo importante ao humor político. Centrada na difusión de novidades políticas e sociais, nacionais e estranxeiras, na moda e no costumismo, Fray Mocho incluía ilustracións humorísticas de personaxes contemporáneos e da realidade social.
Un dos fundadores do semanario, e director da publicación nos seus inicios, foi o historiador e xornalista Carlos Correa Luna.As portadas estiveron a cargo do debuxante galego José María Cao Luaces, considerado o pai da caricatura política arxentina. José María Cao foi colaborador de Fray Mocho ata o ano do seu falecemento, en 1918.
Fontes:
Glocer, S. (2019). “Música en la Revista Fray Mocho (1912-1932)” en Revista del Instituto de Investigación Musicológica “Carlos Vega”. 33 (2). [Consultado 19.04.21 en https://repositorio.uca.edu.ar/handle/123456789/9688]
José María Cao. La revista Fray Mocho. [Emisión do programa Historia Presente do Canal 7 da televisión arxentina, no que participou o Museo del Dibujo y la Ilustración]. [Consultado 19.04.21 en http://www.rehime.com.ar/escritos/documentos/idexalfa/c/caojm.php#fraymocho
Piñero, P. e Solano, G. (1997). “El semanario Fray Mocho y lo popular” en Asociación Argentina de Editores de Revistas. Historia de Revistas Argentinas, T. IV. [extracto consultado 19.04.2021 en http://www.learevistas.com/notaHistoria.php?nota=18]
Este proxecto recibiu unha axuda da Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte
Collections in this community
Recent Submissions
-
Fray Mocho : semanario festivo, literario, artístico y de actualidades, n. 134 (1914)
(Talleres Heliográficos de Ricardo Radaelli, 1914-11-20) -
Fray Mocho : semanario festivo, literario, artístico y de actualidades, n. 165 (1915)
(Talleres Heliográficos de Ricardo Radaelli, 1915-06-25) -
Fray Mocho : semanario festivo, literario, artístico y de actualidades, n. 164 (1915)
(Talleres Heliográficos de Ricardo Radaelli, 1915-06-18) -
Fray Mocho : semanario festivo, literario, artístico y de actualidades, n. 163 (1915)
(Talleres Heliográficos de Ricardo Radaelli, 1915-06-11) -
Fray Mocho : semanario festivo, literario, artístico y de actualidades, n. 162 (1915)
(Talleres Heliográficos de Ricardo Radaelli, 1915-06-04)