Publicou o seu primeiro número o 1 de setembro de 1903 e proseguiu a súa andaina con este título ata o n. 254 de 1930, en que muda a cabeceira pola de Revista oficial del Centro Gallego de Avellaneda. De periodicidade mensual, presenta, con todo, importantes irregularidades ao longo do tempo. O seu primeiro director, A. Paredes Rey, foi tamén o primeiro presidente do Centro Gallego de Avellaneda, fundado en 1899.

O editorial do primeiro número de 1903 salienta, entre os seus obxectivos, o de facer curto o longuísimo treito que afasta os emigrantes de Galicia, conservando a súa tradición e inculcándolles aos fillos o amor pola terra dos pais.

Dedica a maior parte das súas páxinas a aspectos internos da institución, informando sobre os diferentes actos sociais e culturais organizados pola mesma (cursos, conferencias, romarías, festas etc.) e con notas sociais como "Sección Oficial" ou "Ecos sociales". Se as actas das reunións do equipo directivo e as actividades do centro integraban os contidos máis usuais do Boletín, a publicación deu tamén acubillo á literatura e á creación literaria, redactada maioritariamente en castelán, dedicando páxinas á literatura española e galega.

A revista adoitada restrinxir a presenza da lingua e literatura galegas ás páxinas poéticas, aínda que tamén publicou moitos contos nesta lingua. A creación poética en galego aparece asiduamente desde os inicios con numerosos textos de Curros Enríquez, sen dúbida o poeta máis presente nesta publicación, e complétase con moitos exemplos de poesía popular.

Fonte:

Vilavedra, D. (Coord.). (1997). Diccionario da Literatura Galega. II, Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia

Este proxecto recibiu unha axuda da Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte

Collections in this community

Recent Submissions

View more






Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback