Revista del Centro Gallego
Browse by
Publicación editada polo Centro Gallego de Montevideo que vai sufrir modificacións sucesivas no seu título e formato, aínda que mantendo contidos similares ao longo de todo o período da edición. Denomínase Centro Gallego : órgano de la colectividad gallega en el Uruguay desde o seu nacemento en 1917 ata 1925. A partir de 1925 pasa a ter por título Revista del Centro Gallego e a partir de 1929 (n.º 151), Galicia : revista del Centro Gallego.
Na década dos 20 estivo dirixida e orientada por Constantino Sánchez Mosquera, que lle imprimiu un carácter hispanista de enfrontamento ao imperialismo norteamericano. A publicación ofrece información sobre o funcionamento interno da sociedade (notas e vida social, ciclos de conferencias, actividades etc.). Tamén inclúe novas sobre a actualidade española e galega nas seccións: "Noticias de España", "Noticias de Galicia", "Crónica de La Coruña" etc.
Cómpre destacar as colaboracións sobre Galicia, particularmente sobre a súa historia, literatura e arte, así como sobre o labor dos galegos en América. Contén así mesmo fotografías sociais e evocadoras de Galicia. Ofrece, por outra parte, seccións recreativas ou páxinas dedicadas á muller. A partir de 1918 incluíu o apartado “Desde Santiago”, redactado polo mozo uruguaio Ramón González Novoa, estudante en Compostela. Polo que a lingua se refire, publicouse case exclusivamente en castelán, aínda que acolleu algúns textos literarios en galego. Presenta colaboracións de distinguidos intelectuais galegos e americanos, aínda que tamén se caracterizou nalgunha etapa por inserir escritos sen coñecemento dos propios autores, así como artigos procedentes de publicacións periódicas galegas sen referencia do orixinal. Reproduciu textos literarios galegos clásicos e contemporáneos, especialmente poemas, pero tamén contos. De máis interese son os artigos e estudos literarios, que aparecen de preferencia nos números extraordinarios. Salientan tamén as recensións de obras literarias e as colaboracións de humor gráfico de Vidal Tomé, Lomba, Prada e Padín.
Fontes:
Consello da Cultura Galega. Repertorio da prensa da Emigración Galega. [Consultado 19.04.21 en http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/cabeceira/index.php?p=1327]
Vilavedra, D. (Coord.). (1997). Diccionario da Literatura Galega. II, Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia
Santos Gayoso, E. (1990). Historia de la prensa gallega, 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro.
Este proxecto recibiu unha axuda da Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte
Collections in this community
Recent Submissions
-
Revista del Centro Gallego, n. 150 (1929)
(Centro Gallego de Montevideo, 1929-07) -
Revista del Centro Gallego, n. 149 (1929)
(Centro Gallego de Montevideo, 1929-06) -
Revista del Centro Gallego, n. 148 (1929)
(Centro Gallego de Montevideo, 1929-05) -
Revista del Centro Gallego, n. 147 (1929)
(Centro Gallego de Montevideo, 1929-04) -
Revista del Centro Gallego, n. 146 (1929)
(Centro Gallego de Montevideo, 1929-03)