Cabeceira da publicación do Centro Gallego de Buenos Aires entre 1923 e 1926, anteriormente denominada Boletín oficial del Centro Gallego e posteriormente Galicia : revista del Centro Gallego.

O seu obxectivo principal era comunicarlles aos socios os traballos, decisións ou acordos da sociedade, informando sobre as actividades do Centro e a súa vida interna (doazóns, socios ingresados, servizos médicos, resolucións das comisións directivas, movemento de caixa, memoria anual, etc.). A publicación completábase con artigos referidos a Galicia e á defensa dos galegos en Arxentina. Contou entre os seus directores con Juan Manuel Pérez, José Blanco Amor, Eduardo Blanco Amor, Valentín Fernández ou Luis Seoane.

Empregou maioritariamente o castelán, mesmo cando se trataba de falar de homenaxes a Murguía, Rosalía, Leiras Pulpeiro, ou de necrolóxicas sobre a morte de Añón e outros escritores galegos. Contén artigos en castelán de Curros, Eugenio Carré Aldao, así como recensións a poemarios galegos. Tamén publicou moitos poemas e contos en castelán de escritores galegos.

A creación literaria en galego -contos e, sobre todo, poesía- aparecía dentro dunha sección específica, que foi mudando de nome ao longo dos anos. Outra sección “Musa popular gallega” recollía cantares do pobo, coplas e outras mostras da nosa literatura popular. É unha das poucas publicacións deste tipo que tamén acolle textos dramáticos nas súas páxinas. Desempeñou un importante papel cultural coa difusión de artículos, ensaios e documentos iconográficos relacionados coa cultura galega.

Fontes:

Vilavedra, D. (Coord.). (1997). Diccionario da Literatura Galega. II, Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia

Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega, 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro.

Este proxecto recibiu unha axuda da Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións