Arte Tardoantiga e Altomedieval na Gallaecia entre Iria Flavia e Tui (ss. IV-IX)
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/26060
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Arte Tardoantiga e Altomedieval na Gallaecia entre Iria Flavia e Tui (ss. IV-IX) |
Autor/a: | Torre Llorca, María Jesús de la |
Dirección/Titoría: | Cendón Fernández, Marta López Alsina, Fernando |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Estudos Medievais |
Palabras chave: | Arte Altomedieval | Gallaecia | Arqueoloxía | Escultura decorativa | Capitel | |
Data: | 2021 |
Resumo: | Este traballo é unha viaxe pola Galicia altomedieval, ao longo da vía XIX do Itinerario Antonino, entre as antigas dioceses de Iria Flavia e Tui, para reunir diversas manifestacións artísticas, principalmente capiteis e outras pezas escultóricas, datadas entre os séculos IV e IX d.C. e estudalas dende a Historia da Arte e a Arqueoloxía. Historiograficamente, algunhas destas manifestacións artísticas foron consideradas como tardoantigas, suevas ou visigodas. O noso estudo fai unha revisión desas investigacións e, utilizando as propias pezas como “pezas diana”, inicia unha busca de paralelos contextualizados afíns en rasgos técnicos e morfolóxicos. Para iso, primeiro localizamos e examinamos os situs de onde procederon as pezas. Todos, a excepción de un, están relacionados con edificios cultuais relixiosos próximos á vía estudada. Posteriormente, realizamos unha análise individualizada de cada unha das pezas, extraendo as súas particularidades concretas, que son contrastadas coas pezas de outras áreas, sobre todo do norte de Portugal e lugares limítrofes da Galicia actual. O contraste condúcenos a varios resultados, como que moitas das pezas posiblemente pertenzan a etapas posteriores ás contempladas pola historiografía, que na Galicia altomedieval actuaron importantes talleres escultóricos que expandiron os seus modelos polas vías de comunicación do momento, ou que moitos sistemas decorativos e programas iconográficos se mantiveron durante centurias. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/26060 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: