Evohé: Revista Cultural do Campus Terra-Lugo, número 32
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/26591
Files in this item
Metadata
Title: | Evohé: Revista Cultural do Campus Terra-Lugo, número 32 |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades |
Subject: | José Ángel Valente | |
Date of Issue: | 2021 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades |
Abstract: | O número 32 de Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo, dirixida polo estudante Mario Sanfiz, presenta un monográfico dedicado a José Ángel Valente no 25 aniversario da publicación, a máis lonxeva no seu xénero da USC, e aparece presentado polo seu director e ilustrado pola artista lucense Sara Lamas. En primeiro lugar, publícanse por parte de alumnado e ex-alumnado da Facultade de Humanidades de Lugo, entrevistas ao poeta Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente (a cargo da mexicana Mariana Vergara), aos doutores en Valente Manuel Fernández Rodríguez e Saturnino Valladares (a cargo de Laura García e Verónica Castro respectivamente), á ex-directora de Evohé Cristina Fiaño, autora dun TFM sobre Valente e Gelman (a cargo da arxentina Loreley Ritta) e á poeta Anna Orlitskaya, tradutora de Valente ao ruso (a cargo de Marcela Bao). Seguidamente, figuran colaboracións de máis alumnado do Campus de Lugo, concretamente un retrato de Valente (realizado por Aarón Rodríguez), un artigo sobre a historia contemporánea na obra do poeta (debido a Sabela Méndez) e dous traballos sobre conexións de Valente con Shakespeare e con Lorca (respectivamente elaborados por Dánel Negro e pola inglesa Niamh Collins). Nunha intercultural sección creativa, figuran poemas de Tamila Alem (desde o Véneto), Adina Ioana Vladu (de Transilvania a Galicia) e Anna Orlitskaya (desde Moscova), así como traduccións ao galego desde o inglés de versos do hispanista norteamericano Julian Palley e unha prosa debida a S. L. Baltimore. Por último, inclúese o artigo “Palmyre Ros, unha filla de exiliados, pioneira en Galicia da prensa clandestina de mulleres baixo o franquismo” de Claudio Rodríguez Fer |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/26591 |
ISSN: | 2603-855X |
Rights: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Collections
The following license files are associated with this item: