Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/27015
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica |
Autor/a: | Alonso Prol, David |
Dirección/Titoría: | Bastida Domínguez, María |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Palabras chave: | Teletraballo | Teletrabajo | Teleworking | Satisfacción percibida | Perceived satisfaction | Benestar | Welfare | Xénero | Género | Gender | |
Data: | 2021 |
Resumo: | O teletraballo é unha modalidade laboral cada vez máis estendida que pretende xerar efectos positivos tanto para as persoas traballadoras como para as organizacións, institucións ou empresas que a implanten. Neste contexto, a pandemia da Covid-19 foi un catalizador desta modalidade laboral. Este traballo pretende, dende unha perspectiva práctica, observar de que forma afectan variables como o apoio organizativo, a experiencia previa co teletraballo ou factores persoais (idade ou sexo) sobre a satisfacción percibida polas persoas que o practican. Para isto, despois dunha introdución de carácter teórico, realízase unha análise descritiva, para posteriormente utilizar un modelo probit ordenado que permita testar as relacións entre as variables referidas e a satisfacción co teletraballo. Os resultados arroxan unha relación positiva entre a experiencia previa ó Covid-19 co teletraballo e a satisfacción das persoas co mesmo. Tamén revelan que o apoio organizativo (de colegas, xefes, e de medios facilitados para desenvolver as tarefas) é un elemento relevante a considerar para a mellora da satisfacción e benestar do cadro de persoal. Mulleres e homes amosan un comportamento similar na satisfacción co teletraballo pese a que as horas de coidados do fogar, menores e maiores exercen unha influencia significativa en detrimento da satisfacción percibida por estas. Este resultado é de particular importancia de cara a reformular os roles de xénero que actualmente seguen a estar impostos -en moitos casos- no relacionado a estes coidados. |
Descrición: | Traballo Fin de Grao de Economía |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/27015 |
Dereitos: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- Grao en Economía [56]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: