Factores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortes
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/27056
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Factores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortes |
Autor/a: | Prego Domínguez, Jesús |
Dirección/Titoría: | Takkouche Souilamas, El Bahi Orsini, Nicola |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública |
Palabras chave: | dor crónica | nivel económico | metaanálise | estudo de cohortes | |
Data: | 2021 |
Resumo: | A dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantes repercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Non comezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, polo que o coñecemento fisiopatolóxico e a abordaxe clínica son aínda considerablemente limitados. Ata a data, varios factores de risco foron estudados, mais, con todo, a maior parte da investigación está referida a trastornos relacionados coa dor, e non á dor crónica considerada coma unha entidade por si mesma. Estas limitacións levan a que exista un escaso coñecemento sobre as medidas eficaces para previr a aparición e o empeoramento da dor crónica. Debido a isto, formulamos unha investigación destinada a estudar a relación entre os factores sociais (nivel socioeconómico, cargas familiares e cargas laborais) e a aparición e empeoramento da dor crónica. Na revisión sistemática e metaanálise que realizamos, os resultados mostran un maior risco de desenvolver dor crónica entre os individuos con nivel socioeconómico baixo e intermedio. Esta asociación é máis pronunciada entre os individuos de nivel socioeconómico baixo, e dáse en tódolos síndromes de dor crónica estudados. Ademais, tanto o nivel socioeconómico coma as cargas familiares e laborais están asociadas á aparición da dor crónica, unha relación na que o sexo actúa coma factor modificador deste efecto. Por último, o nivel socioeconómico alto aumenta o risco de que a dor empeore moderadamente, pasando de ser dor non crónica e localizada, a dor crónica e/ou extensa. En cambio, non ten influencia sobre un empeoramento grave da dor, que incorpore síntomas somáticos e sufrimento psicolóxico. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/27056 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- Área de Ciencias da Saúde [1252]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: