Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorTakkouche Souilamas, El Bahi
dc.contributor.advisorOrsini, Nicola
dc.contributor.authorPrego Domínguez, Jesús
dc.date.accessioned2021-11-02T11:32:42Z
dc.date.available2021-11-02T11:32:42Z
dc.date.issued2021
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/27056
dc.description.abstractA dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantes repercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Non comezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, polo que o coñecemento fisiopatolóxico e a abordaxe clínica son aínda considerablemente limitados. Ata a data, varios factores de risco foron estudados, mais, con todo, a maior parte da investigación está referida a trastornos relacionados coa dor, e non á dor crónica considerada coma unha entidade por si mesma. Estas limitacións levan a que exista un escaso coñecemento sobre as medidas eficaces para previr a aparición e o empeoramento da dor crónica. Debido a isto, formulamos unha investigación destinada a estudar a relación entre os factores sociais (nivel socioeconómico, cargas familiares e cargas laborais) e a aparición e empeoramento da dor crónica. Na revisión sistemática e metaanálise que realizamos, os resultados mostran un maior risco de desenvolver dor crónica entre os individuos con nivel socioeconómico baixo e intermedio. Esta asociación é máis pronunciada entre os individuos de nivel socioeconómico baixo, e dáse en tódolos síndromes de dor crónica estudados. Ademais, tanto o nivel socioeconómico coma as cargas familiares e laborais están asociadas á aparición da dor crónica, unha relación na que o sexo actúa coma factor modificador deste efecto. Por último, o nivel socioeconómico alto aumenta o risco de que a dor empeore moderadamente, pasando de ser dor non crónica e localizada, a dor crónica e/ou extensa. En cambio, non ten influencia sobre un empeoramento grave da dor, que incorpore síntomas somáticos e sufrimento psicolóxico.
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectdor crónica
dc.subjectnivel económico
dc.subjectmetaanálise
dc.subjectestudo de cohortes
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3212 Salud pública
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3202 Epidemologia
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3210 Medicina preventiva
dc.titleFactores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortes
dc.typedoctoral thesis
dc.rights.accessRightsopen access
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública


Ficheiros no ítem

application/pdf
Nome: rep_2487.pdf
Tamaño: 31.61 Mb
Formato: PDF


Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
A licenza do ítem descríbese como
 Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional





Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións