O tratamento da morfoloxía do artigo determinado nos estudos galegos de gramática: unha análise historiográfica
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/27445
Files in this item
Metadata
Title: | O tratamento da morfoloxía do artigo determinado nos estudos galegos de gramática: unha análise historiográfica |
Author: | García Louzao, Pedro |
Advisor: | Dubert García, Francisco |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía |
Subject: | Artigo determinado galego | Morfoloxía do galego | Lingüística histórica do galego | |
Date of Issue: | 2021-07 |
Abstract: | A morfoloxía do artigo determinado galego é unha cuestión relevante dende un punto de vista teórico. Como se sabe, ten, aparentemente, tres alomorfos en distribución complementaria, aínda que, algúns autores defenden só a existencia de dous. Este traballo ten por obxectivo facer unha análise historiográfica comparativa do tratamento que se lle deu a longo do tempo a esta unidade nos estudos gramaticais galegos. Con este fin analizaremos un corpus composto por estudos de morfoloxía e gramaticas do galego que abrangue un período relativamente amplo de tempo: dende 1868, cando se publicou a Gramática Gallega de Saco Arce, ata a actualidade, cando foron publicados, por estudiosos como Elisa Fernández Rei, os últimos traballos ao respecto desta cuestión; revisaremos tamén algunhas gramáticas dos dialectos en que se recolle información acerca do fenómeno en cuestión. A partir da análise de todos estes datos, intentaremos mostrar en que consiste o proceso de inserción do artigo e cales son os principais problemas que xorden: identificación e segmentación dos morfos e condicións da selección alomórfica |
Description: | Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/27445 |