Manifestacións cutáneas da COVID19
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/27842
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Manifestacións cutáneas da COVID19 |
Autor/a: | Río Pena, Emilio del |
Dirección/Titoría: | Suárez Quintanilla, Juan Antonio |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Data: | 2021-06 |
Resumo: | Dende a súa descrición en decembro de 2019 a COVID19 cambiou o curso da humanidade. A COVID19 é unha enfermidade infecciosa viral causada polo SARS-CoV2. As manifestacións clínicas máis importantes son respiratorias acompañadas de sintomatoloxía xeral inespecífica, malia que pode afectar a unha gran cantidade de órganos e aparellos, entre eles a pel. A clínica cutánea da enfermidade é polimórfica, existindo unha ampla variedade de signos descritos, a pesares de que a meirande parte deles comparten un substrato fisiopatolóxico e anatomopatolóxico común. Os signos máis frecuentes son exantemas inespecíficos coma o exantema eritematoso ou maculopapular tipo morbiliforme, polo que a súa utilidade práctica é moi limitada. Doutra banda atopamos as pseudopernioses, cuxa relación coa infección viral foi complicada de establecer pero son altamente específicos, aparecendo tardiamente na enfermidade leve, servindo para o diagnóstico en doentes que pasan a infección de xeito inaparente |
Descrición: | Traballo Fin de Grao en Medicina. Curso 2020-2021 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/27842 |
Dereitos: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- Grao en Medicina [348]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: