A climatology of western Mediterranean precipitation extremes focusing on the study of moisture origin
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/28204
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A climatology of western Mediterranean precipitation extremes focusing on the study of moisture origin |
Autor/a: | Insua Costa, Damián |
Dirección/Titoría: | Míguez Macho, Gonzalo Llasat Botija, María del Carmen |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética |
Palabras chave: | Mediterranean | precipitation | extremes | Weather Research and Forecasting model | catastrophic impacts | |
Data: | 2022 |
Resumo: | A presente tese enmárcase no estudo da orixe da precipitación extrema e ten como principal obxectivo aclarar definitivamente cales son as principais fontes de humidade que alimentan as chuvias torrenciais do Mediterráneo Occidental. A principal ferramenta empregada para tal fin é unha técnica de rastrexo de humidade coñecida como trazadores de vapor de auga. Esta técnica acóplase a un modelo meteorolóxico, no noso caso o WRF (Weather Research and Forecasting model). O modelo executouse para máis dun cento de casos ocorridos en diferentes países do Mediterráneo entre 1980 e 2015. Isto fixo posible extraer conclusións xerais e robustas, mellorando así o coñecemento previo sobre este asunto, que se baseaba xeralmente no estudo de casos concretos en zonas concretas. A principal conclusión que se extrae da tese é que a aportación do Mar Mediterráneo como fonte de humidade é, en termo medio, menor do que moitas veces se presume, arredor dun 35%. Encontramos que as fontes remotas, nalgúns casos tan remotas coma o Pacífico tropical ou o hemisferio sur, xogan un papel determinante nestes eventos. De feito, a contribución de fontes remotas é en termo medio superior á contribución de fontes locais nun 10%. Polo tanto, se queremos comprender plenamente este tipo de eventos catastróficos, temos que estudalos dende un enfoque máis global e menos local ou rexional, especialmente cando intentan atribuírse ao cambio climático. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/28204 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- Área de Ciencias [947]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: