Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorCagiao Vila, Pilar
dc.contributor.authorWebb, Philip Duncan
dc.date.accessioned2022-07-04T11:35:26Z
dc.date.available2022-07-04T11:35:26Z
dc.date.issued2022
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/28881
dc.description.abstractA presente tese abarca a inmigración española e particularmente a galega no Paraguai durante o período das grandes migracións transatlánticas. En primeiro lugar, analízanse as características cuantitativas deste fluxo migratorio (o número e o perfil demográfico dos inmigrantes españois ao longo do tempo e en función das distintas rexións de orixe). Abórdanse logo as cuestións cualitativas como a distribución física dos inmigrantes dentro e fóra da cidade de Asunción; os procesos de inserción socio-económica; o papel da man de obra estranxeira na transición paraguaia ao capitalismo trala Guerra da Tripla Alianza (1864-1870); as contribucións dos inmigrantes á política, á sociedade civil e ás artes; ou os seus vínculos con España e coas comunidades de emigrados no Río da Prata a través da prensa, os cónsules e outros mediadores culturais. Os resultados tamén aportan novos coñecementos sobre aspectos da historia paraguaia como a inmigración espontánea nos tempos do presidente Carlos Antonio López (1844-1862), o desenvolvemento da prensa e a literatura decimonónicas, a actividade galeguista do escritor paraguaio Eloy Fariña Núñez nos anos 1920, ou a Legión Civil Extranjera durante a Guerra do Chaco (1932-1935). A conclusión central consiste en que, malia seren poucos numericamente, a influencia dos inmigrantes galegos na historia do Paraguai foi considerable e desproporcionada ao seu pequeno tamaño como colectividade. Non obstante, hai que matizar que os contemporáneos non adoitaban percibilos como un grupo diferenciado dentro da colonia española.
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectParaguai
dc.subjectGalicia
dc.subjectinmigración
dc.subjectemigración
dc.subjectdestino atípico
dc.subjecthispano-americanismo
dc.subjectasociacionismo
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550402 Historia contemporánea
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::55 Historia::5503 Historia de países::550302 Historia regional
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::63 Sociología::6301 Sociología cultural::630106 Civilización y caracteres nacionales
dc.titleO Paraguai como destino atípico da inmigración española: o caso dos galegos (1850-1960)
dc.typedoctoral thesis
dc.rights.accessRightsopen access
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea


Ficheiros no ítem

application/pdf
Nome: rep_2755.pdf
Tamaño: 6.245 Mb
Formato: PDF


Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
A licenza do ítem descríbese como
 Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional





Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións