Screening do cyberbullying entre os adolescentes galegos. Análise descritiva e variables asociadas
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/29806
Files in this item
Metadata
Title: | Screening do cyberbullying entre os adolescentes galegos. Análise descritiva e variables asociadas |
Author: | Pichel Mira, Rafael |
Advisor: | Rial Boubeta, Antonio Varela Mallou, Jesús |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario |
Subject: | Cyberbullying | Bullying Escolar | Adolescencia | Riscos Online | |
Date of Issue: | 2022 |
Abstract: | O bullying escolar refire a unha manifestación especialmente grave de violencia no ámbito educativo, que afecta a unha proporción significativa de nenas e nenos en todo o mundo. O emprego cada vez máis xeneralizado da Rede, contribuíron a acrecentalo problema propiciando o salto das condutas de acoso e vitimización escolar ás contornas dixitais, fenómeno coñecido como cyberbullying. Malia a preocupación social suscitada, a abordaxe científica desta nova problemática continua inmersa nunha serie de controversias conceptuais e operativas. Como resultado, atopámonos cunha gran variabilidade nas taxas de cyberbullying reportadas na literatura, así como numerosas inconsistencias que obstaculizan a comprensión do fenómeno. A liña de investigación baixo a cal se enmarca a presente tese de doutoramento, tivo como obxectivo levar a cabo unha avaliación do fenómeno do cyberbullying entre a poboación escolar galega. O compendio de traballos aquí presentados, pretende contribuír a dar resposta a algunhas das seguintes cuestións: (1) dispor de datos estimativos da magnitude do cyberbullying na comunidade galega, mediante o emprego de ferramentas de screening contrastadas e avaladas cientificamente; (2) obter novas evidencias empíricas mediante a análise descritiva das variables asociadas, e (3) estudar a relación entre o bullying escolar e o cyberbullying. Agardamos que as achegas acadadas neste traballo, poidan contribuír non só a mellorar a comprensión do fenómeno, senón tamén ó desenrolo de programas de prevención eficaces que orienten as actuacións para concienciar e combater ó cyberbullying. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/29806 |
Rights: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Collections
The following license files are associated with this item: