Lugares do común. Procesos creativos do habitar compartido
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/30032
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Lugares do común. Procesos creativos do habitar compartido |
Autor/a: | Freire Pérez, Estella Leticia |
Dirección/Titoría: | Franco Vázquez, Carmen Blanco Mosquera, Vicente |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Educación |
Palabras chave: | Sentido de pertenza | Educación cívica en Arquitectura | Investigación baseada nas artes | Procesos creativos | Participación cidadá | |
Data: | 2023 |
Resumo: | Esta investigación parte da reflexión consciente sobre a simboloxía do lugar a través da análise e revisión de diversas perspectivas teóricas, prácticas e educativas baseadas no estudo do contexto e na relación que as crianzas establecen con él na súa actividade cotiá. O propio proceso de investigación recolle novas sensibilidades e formas de entendemento sobre a multiplicidade de significados proxectados na contorna inmediata desde perspectivas e ámbitos diferentes, que se traducen nos enfoques e dimensións presentadas. Os recursos e estratexias que se propoñen reflicten o interese da necesidade de transformar os lugares do común analizados en lugares do posible, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade educativa en termos de coidado e implicación do habitar compartido. En definitiva, a investigación céntrase en evidenciar a relación existente entre a falta dun sentido de pertenza arraigado na contorna inmediata, coa falta dunha educación formulada desde o local. A exploración continuada das causas que podan influír nesta relación, determina a selección, análise e deseño de propostas educativas que parten sempre de recoñecerse no local para cuestionarse no global. |
Data de Embargo: | 2024-01-23 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/30032 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: