Estudios Penales y Criminológicos é unha revista de periodicidade anual fundada en 1977 que publica orixinais sobre calquera das especialidades relativas á criminoloxía e materias afíns (dereito penal, medicina legal, dereito administrativo sancionador, dereito penal, psicoloxía criminal, psiquiatría criminal, victimoloxía, socioloxía criminal, política criminal, etc.). Na revista coexisten os artigos dedicados a un tema monográfico —establecido para cada número pola redacción da revista— cos de tema libre, cabendo tamén a posibilidade de que todo o número teña un carácter misceláneo. Estudios Penales y Criminológicos aparece indexada en Westlaw, Criminal Justice Abstracts, Criminal Justice Abstracts with Full Text, ERIH PLUS, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC, e está presente no 47,61% das universidades españolas coa titulación (30/63). No índice RESH, Estudios Penales y Criminológicos sitúase, no período 2005-2009, no posto 9 de 28 entre as revistas españolas de dereito penal e procesual de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science

Novidades

Título: Estudios Penales y Criminológicos

ISSN: 2340-0080

Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Materia:Especialidades relativas a la Criminología y materias afines (Derecho Penal, Medicina Legal, Derecho Administrativo Sancionador, Derecho Penitenciario, Psicología Criminal, Psiquiatría Criminal, Victimología, Sociología Criminal, Política Criminal, etc.

Data de inicio: 1977

Idiomas: Galego, portugués, alemán, italiano

Páxina web da revista

Normas para autores/as

Contacto

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións