Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze
Title: | Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze
|
Author: | Baceiredo Pérez, Rebeca
|
Advisor: | García Soto, Luís Modesto
|
Subject: | Deleuze, Gilles, 1925-1995 -- Crítica e interpretación | |
Date of Issue: | 2011-08-30
|
Citation: | BACEIREDO PÉREZ, Rebeca: «Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze». Santiago de Compostela: Universidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011. ISBN 978-84-9887-635-2
|
Abstract: | A posibilidade de mudar as condicións do mundo pasa por poder mudar as condicións da existencia. Se ben mudar as condicións materiais só é relativamente posible, ou posible en determinadas circunstancias, mudar as condicións ou principios internos é o que está da nosa man indiscutiblemente. Que a partir diso sexa posible incidir no contexto onde tal existencia se desenvolve é unha cuestión a formularse, ou, cando menos, a experimentar.
Isto é o pulo que nos leva a definir un obxecto de estudo, que se abordará no traballo de investigación que aquí comeza. E tal tema sintetizouse ou desenvólvese en torno a unha síntese / título que é Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze. É dicir, inténtanse atopar na filosofía de Gilles Deleuze as propostas ontolóxicas e éticas que permitan unha subversión con respecto aos estados de cousas actuais, individuais e sociais, se queremos dicilo en termos máis convencionais… E tal subversión non é senón a posibilidade de estar por riba dos conxuntos molares, de superar a composición actual de modo que se apunte ao acontecemento puro, á realidade diagramática ou virtual que prefigura tales estados de cousas, sen coincidir con eles: porque estes nunca esgotan a riqueza do acontecemento do que forman parte |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/3387
|
ISBN: | 978-84-9887-635-2
|
Rights: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|