Show simple item record

dc.contributor.advisorBravo Quintas, Ramón
dc.contributor.advisorAmigo Pombo, Alfredo José
dc.contributor.authorBrocos Fernández, María Pilar
dc.date.accessioned2011-10-04T06:38:28Z
dc.date.available2011-10-04T06:38:28Z
dc.date.issued2005
dc.identifier.citationBROCOS FERNÁNDEZ, María Pilar: «Indice de refracción, volume libre e refracción molar : conceptos e correlacións : análise termodinámica de mesturas {éter cíclico + cetona}». Santiago de Compostela: Universidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2005. ISBN 978-84-9750-548-4
dc.identifier.isbn978-84-9750-548-4
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/3565
dc.description.abstractAínda que o estudo de propiedades termofísicas de mesturas líquidas é un campo de investigación básica cunha longa tradición que se remonta ao século XIX, o certo é que hoxe en día se segue enfrontando a retos novos e apaixonantes, (1) relacionados coa multitude de aplicacións que ten en eidos tan diversos como a automoción, a industria téxtil, a agricultura, pinturas e recubrimentos, produtos farmacéuticos e cosméticos, e en xeral na industria do petróleo e derivados, por non falar do esencial papel que xoga na investigación de procesos biolóxicos. Exemplos de empresas punteiras especializadas nesta vertente práctica son Eastman, Shell, Exxon, Aqualon ou Union Carbide. En particular, a termodinámica de mesturas é unha das pedras angulares da enxeñería química. Erros aparentemente pequenos nos datos ou predicións dunha determinada propiedade poden ter consecuencias importantes no deseño dun equipo de separación, e de aí o pertinaz interese dos investigadores en coleccionar datos de calidade e en poñer a proba novos modelos preditivos, ou tratar de mellorar os existentes. Nesta liña, o noso grupo orientou inicialmente os seus esforzos ao estudo experimental e teórico de mesturas de 1-alcanois con n-alcanos; (2) máis adiante, e inspirándose nun proxecto da IUPAC que tiña como obxectivo os sistemas éter-alcol-alcano, (3) centrouse en mesturas ternarias (4) deste tipo así como nas binarias {éter + alcano ou 1-alcanol}, (5,6) considerando sempre monoéteres ou diéteres cíclicos. Entre as magnitudes obxecto de interese nestes traballos figuran propiedades termodinámicas de exceso (capacidades caloríficas, volumes, entalpías, enerxías de Gibbs) e outras propiedades termofísicas e de transporte, como o índice de refracción, a tensión superficial e a viscosidade. Algunhas das técnicas experimentais requiridas poden acharse no noso laboratorio, mentres que outras foron accesibles como froito da colaboración con diversos grupos.
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectCarburantes de substitución -- Teses e escritos académicos
dc.titleIndice de refracción, volume libre e refracción molar : conceptos e correlacións : análise termodinámica de mesturas {éter cíclico + cetona}
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/doctoralThesis
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Files in this item

application/pdf
Name: TESE.PDF
Size: 6.260 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Except where otherwise noted, this item's license is described as  Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback