dc.contributor.author | Corbelle-Rico, Eduardo |
dc.contributor.author | Crecente-Maseda, Rafael |
dc.date.accessioned | 2012-03-23T10:01:01Z |
dc.date.available | 2012-03-23T10:01:01Z |
dc.date.issued | 2012-03-23 |
dc.identifier.issn | 1885-5547 |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/3811 |
dc.description.abstract | O abandono da terra agrícola é un tema de plena
actualidade en Galicia: existen traballos científicos que
confirman a súa existencia, textos legais que falan da
“continua perda de superficie agraria útil”, e evidencias
visuais para calquera observador atento. Non obstante, o
problema atópase pendente de ser cuantificado e ubicado
territorialmente, en grande medida porque a insuficiente
desagregación espacial dos datos estatísticos dispoñibles
sobre coberturas ou usos do solo non permite capturar a
súa grande complexidade. Neste traballo achégase unha
aproximación cartográfica ó problema tomando como base
a escala municipal, dentro dunha das comarcas máis
dinámicas do sector agrario galego, e cunha perspectiva
temporal a medio prazo. Os resultados confirman a
diminución da superficie agrícola da comarca, pero destaca
o feito de que esa diminución se concentrou exclusivamente
nunha parte dos concellos que a integran, mentres que o
resto se mantiveron nos niveis de 1956 ou incluso os
incrementaron. Deste resultado conclúese a necesidade de
territorializar as políticas concebidas para combatir o
abandono e as súas consecuencias negativas, de modo
que se actúe principalmente nas áreas máis afectadas. |
dc.language.iso | glg |
dc.subject | SAU |
dc.subject | Uso do solo |
dc.subject | Abandono de terras |
dc.subject | Sistemas de información xeográfica |
dc.subject | Fotografía aérea |
dc.subject | UAA |
dc.subject | Land use and abandonment |
dc.subject | Geographic information systems |
dc.subject | Aerial photography |
dc.title | Estudio da evolución da superficie agrícola na comarca da Terra Chá a partir de fotografía aérea histórica e mapas de usos, 1956-2004 |
dc.type | info:eu-repo/semantics/article |
dc.rights.accessrights | info:eu-repo/semantics/openAccess |