Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/6139
Files in this item
Metadata
Title: | Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual |
Author: | Regueira Fernández, Xosé Luís |
Subject: | Purismo | Autenticidade | calidade da lingua | Actitudes lingüísticas | Ideoloxía lingüística | Planificación lingüística | |
Date of Issue: | 2012 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Citation: | REGUEIRA, Xosé Luís: «Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual», Estudos de Lingüística Galega, vol. 4 (2012). ISSN 1889-2566, pp. 187-201 |
Abstract: | As actitudes puristas están presentes en moitos dos estudos sobre lingua galega, por estaren moitos deles relacionados coa planificación do corpus. En traballos recentes foron utilizados conceptos como “autenticidade” e “calidade da lingua”, pero estas nocións non foron definidas nin xustificadas. Neste traballo defenderei que “autenticidade” e “calidade da lingua” non son conceptos lingüísticos, senón que se basean en actitudes sociolóxicas e ideolóxicas.Non obstante, pode defenderse que as actitudes puristas son lexítimas na elaboración da lingua estándar e na construción de novas variedades funcionais, aínda que se fai necesario definir e discutir as súas fontes de lexitimidade. Neste traballo propoño que o purismo no galego actual debe basearse en actitudes e ideas amplamente compartidas na comunidade de falantes, tales como a necesidade de manter o galego estándar claramente diferenciado do español, así como a conveniencia de achega-lo ao portugués sempre que non vaia en detrimento das características propias do galego. Con eses criterios, a actuación dos lingüistas terá incidencia nos usos lingüísticos públicos se se orienta á elaboración de modelos e recursos lingüísticos para diferentes ámbitos de comunicación pública, mentres que os seus efectos serán limitados, e mesmo negativos, se se limitan a criticar certos usos lingüísticos. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/6139 |
ISSN: | 1889-2566 |
Collections
-
- EL/004-Vol 4 (2012) [20]
- FG-Artigos [205]