Arquivo Histórico Universitario
Browse by
O Arquivo Universitario está constituído pola documentación administrativa e académica xerada pola Universidade ao longo da súa historia, así como polos fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou confiados en depósito á Universidade de Santiago de Compostela. Ten como función conservar, ordenar, clasificar e facilitar a consulta e uso da documentación. O Arquivo Universitario estrutúrase en administrativo e histórico. Na súa condición de arquivo histórico constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. A documentación reflicte a evolución, os cambios e as transformacións sufridas pola Universidade compostelá desde os albores da Idade Moderna. Pola contra, a natureza da documentación ingresada ao longo do século XX desborda o eido educativo. É froito de compras, depósitos ou doazóns que veñen a completar e enriquecer o fondo universitario convertendo ao Arquivo Histórico Universitario no que é hoxe en dia: un auténtico arquivo de arquivos, cuns fondos transversais e complementarios e erixido como referencia en campos moi diversos da historia e a cultura local e galega. Nos últimos tempos incorporáronse progresivamente as posibilidades e vantaxes que as TIC proporcionan ás institucións culturais. Neste sentido se está a desenvolver un programa de dixitalización documental que se plasma nun banco con centos de miles de datos e imaxes dos seus fondos históricos, accesibles en liña e, polo tanto, sen limitación espacial nin temporal.
Sub-communities within this community
-
Fondo Universitario [363]
-
Hospital Real [162]
Fundado polos Reis Católicos para a atención a enfermos e peregrinos que chegaban a Santiago a orar ante o corpo do Apóstolo. Na súa historia hai duas etapas ben diferenciadas: dende a súa fundación ata 1846 en que o estado ...
Recent Submissions
-
Libro de pagas ás amas de cría (1714)
(1714)Todos os folios numerados pero utilizados os folios 1 a 35. Dilixenciado ao folio 35 por administrador e despenseiro do Hospital coa cantidade total. -
Libro de pagas ás amas de cría (1715)
(1715)Dilixenciado no último folio numerado polo administrador e o despenseiro do Hospital coa cantidade total. -
Libro de pagas ás amas de cría (1716)
(1716)Dilixenciado no último folio numerado polo administrador e o despenseiro do Hospital coa cantidade total.