Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte é unha revista anual fundada en 2002 que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das artes, sen excluír as aproximacións interdisciplinares que enriquezan o seu estudo. A revista está aberta a colaboracións nacionais e internacionais, tanto na sección de Tema, con autores invitados para cada tema monográfico, como na sección de Colaboracións, coa recepción de propostas de artigos de temática libre. Quintana aparece indexada en SCOPUS (aceptada en xuño de 2012), ERIH PLUS, REDALYC, IBA, BHA, AATA, REGESTA IMPERII, Fuente Académica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, REDIB. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A. No índice RESH, Quintana sitúase, no período 2004-2008, no posto 21 de 38 e no índice IN-RECH no posto 20 de 46 entre as revistas españolas de Historia da Arte de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science. O portal dixital de Quintana publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano

Novidades

Título: Quintana

ISSN: 2340-0005

Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia da Arte

Materia: Historia da Arte

Data de inicio: 2002

Idiomas: Galego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano

Páxina web da revista

Normas para autores/as

Contacto

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións