Moenia publica volumes anuais, alternando os adicados a Lingüística (números impares) e a Literatura (números pares). Nos volumes de orientación lingüística son áreas de atención preferente a Lingua española, a Lingüística xeral e máis a Filoloxía clásica, e só excepcionalmente se admiten traballos vencellados a outras áreas. Nos volumes orientados cara á investigación literaria son áreas de atención preferente a Literatura española, a Filoloxía galega e máis a Teoría da Literatura, aínda que é habitual a admisión de traballos sobre a literatura en calquera lingua. A estrutura habitual dos volumes da revista inclúe artigos e recensións. Non infrecuentemente, sobre todo nos volumes adicados a Literatura, existe algunha sección monográfica que constitúe un primeiro bloque de artigos. Nos adicados a Lingüística é habitual que se diferencien os artigos propiamente ditos das “notas”, concebidas como traballos de moi pequena extensión ou ben que versen sobre un tema investigador moi concreto. A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en ERIH PLUS, LLBA, MLA, LINGUISTIC BIBLIOGRAPHY, REGESTA IMPERII, REDIB, Fuente Academica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC e está presente no 43,39% das universidades españolas coa titulación (22/51). Moenia sitúase, no periodo 2004-2008, no posto 22 de 51 entre as revistas españolas de Lingüística Xeral de maior impacto (RESH). O indicador que mide o impacto é a taxa de citación e para calculala tivéronse en conta as citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas no Web of Science. O portal dixital de Moenia publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, catalán, francés, inglés e italiano

Novidades

Título: Moenia: Revista Lucense de Lingüística & Literatura

ISSN: 2340-003X

Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Materia: Lingüística e Literatura

Data de inicio: 1995

Idiomas: Galego, español, inglés, portugués, catalán, francés e italiano

Páxina web da revista

Normas para autores/as

Contacto

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións