As promocións nos principais xornais galegos e españois (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/9253
Files in this item
Metadata
Title: | As promocións nos principais xornais galegos e españois (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise |
Author: | Juiz Fernández, Cristina |
Subject: | Promocións | Marketing | Prensa | Galicia | España | |
Date of Issue: | 2013-10-23 |
Abstract: | A tese doutoral que leva por título As promocións na prensa galega e española (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise pretende facer un estudo de todas as iniciativas promocionais que desenvolveron os principais xornais galegos e do estado español dentro dunha estrutura ríxida enmarcada en tres bloques de traballo. O primeiro bloque da investigación é eminentemente teórico. Nel vanse conxugar as achegas teóricas que duns e doutros autores se poidan corresponder co tema a tratar e que permitan tecer unha base de coñecemento sobre o que poñer as aportacións propias derivadas, por unha banda, da lectura e da investigación teórica, e por outra banda, e o que resulta quizais máis importante, derivadas da investigación práctica e da propia experiencia de hemeroteca. Partindo das orixes do marketing e encamiñando o estudo cara o marketing de xornais e revistas elabórase unha propia tipoloxía de promocións que permita encadrar o bruto de iniciativas promocionais obxecto da análise. O segundo bloque da investigación achega a experiencia práctica propiamente dita e as reflexións ás que se chegou a partir desta. Este bloque contén unha parte de descrición dos datos, unha relación fiel do que se viu unha vez analizados os xornais, e unha parte na que se fai unha interpretación dos datos derivada, por unha banda, da experiencia práctica, e por outra, do coñecemento teórico. Conxugando estes dous elementos, e cun afán de ser o máis claros posible, este bloque contén grande cantidade de gráficos e cadros que permiten comprender mellor, e máis facilmente a multitude de cifras que se manexan. É aquí onde se procede a catalogar e a analizar todas as iniciativas promocionais dos trece xornais estudados tanto galegos como españois e a expor os resultados de forma gráfica. O terceiro bloque contén as conclusións xerais do traballo e as liñas de investigación futuras. É neste bloque onde se fala de cal é o día máis escollido para desenvolver unha iniciativa promocional, que xornal foi o que fixo máis promocións ou cal é a tendencia en función do ano de estudo. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/9253 |
Rights: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Collections
Except where otherwise noted, this item's license is described as Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl