Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527)
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/9484
Files in this item
Metadata
Title: | Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527) |
Author: | Álvarez Blanco, Rosario Xove Ferreiro, Xosé |
Subject: | Edición de textos | Text editing | Cartas | Letters | Galego (Lingua) | Gallego (Lengua) | Galician (Language) | Idade Moderna | Edad Moderna | Modern age | |
Date of Issue: | 2013 |
Publisher: | Instituto da Lingua Galega Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Citation: | Álvarez Blanco, María Rosario / Xove Ferreiro, Xosé (2013). Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527). En: "Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro" (pp. 29-55). Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Abstract: | O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna, que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitución do latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes e que se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese o caso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamento do seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social e ao esquecemento do brillante pasado medieval; un período que na nosa historia cultural recibe o significativo nome de «séculos escuros». Por iso chamaron a nosa atención os tres textos que editamos e estudamos, mesmo sendo híbridos: tres epístolas de carácter privado, dúas de 1527 e outra de entre 1528 e 1530. O feito de seren cartas aumenta a súa importancia, debido á aínda maior escaseza de testemuños do xénero epistolar, á que non son alleos nin o seu carácter efémero nin o abandono da lingua do país por parte das clases máis cultivadas. Neste contexto, a presenza do galego débese probablemente a seren cartas de carácter persoal, non público, onde emerxe con maior facilidade a lingua habitual para a comunicación oral entre os correspondentes. Debido ao seu carácter de textos circunstanciais e de contido bastante particular, xunto coa edición, cumpría un labor de esclarecemento das súas características textuais e contextuais: como se producen e por que, cales son as persoas implicadas, como se datan e por que conduto se difunden, cal é o seu contido... Este, xunto coas características epistolográficas, foi o noso centro de atención na presente contibución; márcanse as alternancias de código, pero a necesaria análise da hibridación, así como a das características relevantes do galego empregado (grafía, gramática, léxico, onomástica...), tiveron que adiarse por forza para unha ulterior ocasión. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/9484 |