Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorGonzález González, Manuel
dc.contributor.authorNovo Folgueira, Paulino
dc.contributor.otherFacultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega
dc.date.accessioned2014-02-04T08:44:25Z
dc.date.available2014-02-04T08:44:25Z
dc.date.issued2014-02-04
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/9802
dc.description.abstractA tese consta de dúas partes diferenciadas: unha introdución teórica e un dicionario de insultos, outros apelativos e significados figurados aplicados a persoas, relacionados co reino animal. 1. A introdución teórica pretende achegarse a esta materia erma para a investigación en galego desde varias disciplinas lingüísticas. Intentáronse abordar os aspectos lingüísticos que interveñen na formación e uso dos insultos, e considérase unha achega interesante a sistematización de ilustracións en todo momento con exemplos tirados da bibliografía literaria baleirada. A través desta introdución vaise demostrando e xustificando que os insultos non poden estudarse illadamente, polo súa propia natureza, moi diversa, e por compartir mecanismos de formación e uso con outros apelativos, metáforas… 2. O dicionario circunscribiuse a palabras tomadas do reino animal para poder adaptarse a unha dimensión en extensión de tese de doutoramento. As palabras procedentes do reino animal abren un abano semántico especialmente atractivo por basearse en propiedades dos bichos, na súa simboloxía ou na mesma relación cos humanos. O dicionario preséntase recollendo as definicións extraídas da totalidade de dicionarios galegos e dos textos literarios en galego baleirados. Como sub-entradas recóllense todas as variantes e derivados, con reprodución textual da definición dos dicionarios baleirados e contexto literal dos autores literarios. Pola proximidade e relación histórica do galego co castelán e mais co portugués considerei oportuna, aínda que só sexa por razóns ilustrativas, un apartado en cada entrada para estas dúas linguas. Para moitas explicacións etimolóxicas a referencia xa se ía facer obrigada. As conclusións que resultan de cotexar os resultados nas tres linguas non só ofrecen unha foto interesante, senón que reafirman o carácter propio galego para os insultos, ademais de demostrar unha vez máis a natureza antolladiza e circunstancial da conformación dunha lingua. As coincidencias serven de apuntalamento de teorías de formación ou de significado, e os matices particulares e exclusivos van definindo as linguas pero tamén as xeografías e as xentes.
dc.language.isoglg
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectSociolingüística galega
dc.subjectDiccionario
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570510 Sociolingüística
dc.titleOs insultos en galego. Estudo lingüístico
dc.typedoctoral thesis
dc.rights.accessRightsopen access


Ficheiros no ítem

application/pdf
Nome: rep_590.pdf
Tamaño: 47.63 Mb
Formato: PDF


Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
A licenza do ítem descríbese como
 Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl





Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións