Sistemas de xestión da seguridade alimentaria
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/9851
Files in this item
Metadata
Title: | Sistemas de xestión da seguridade alimentaria |
Author: | Botana López, Ana María |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias |
Subject: | Industria Alimentaria | Seguridade Alimentaria | Xestión da seguridade alimentaria | Calidade na industria alimentaria | Seguridad alimentaria | Gestión de la seguridad alimentaria | Calidad en la industria alimentaria | Garantía de Calidade | Grao en Nutrición Humana e Dietética | |
Date of Issue: | 2013 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Series/Report no.: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Garantía de Calidade ; 6 |
Abstract: | Segundo a Conferencia do Perfil Profesional do Diplomado en Nutrición Humana e Dietética a titulación persegue como obxectivo xeral a formación de "un profesional da saúde,con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os organismos gobernamentais, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social". A materia Garantía de Calidade serve para adquirir os coñecementos necesarios relativos á xestión da calidade en todos aqueles procesos nos que o dietista-nutricionista estea implicado, desde os diferentes campos nos que pode actuar.Esta materia é de vital importancia para a posterior implementación dalgúns dos obxectivos profesionais do Dietista- Nutricionista, que se relacionan a continuación:-asesorar no desenvolvemento, comercialización, etiquetaxe, comunicación e mercadotecnia dos produtos alimenticios de acordo ás necesidades sociais, os coñecementos científicos e a lexislación vixente;-interpretar os informes e expedientes administrativos en relación a un produto alimentario e ingredientes;-participar na xestión, organización e desenvolvemento dos servizos de alimentación;-intervir na calidade e seguridade alimentaria dos produtos, instalacións e procesos.Esta unidade didáctica encádrase na materia Garantía de Calidade correspondente ao terceiro curso do grao de Nutrición Humana e Dietética, que os alumnos teñen no segundo cuadrimestre. No mesmo curso, no primeiro cuadrimestre os alumnos cursan a materia Hixiene, Lexislación e Seguridade Alimentaria I, onde se lles explica que é a Seguridade Alimentaria, fálaselles do Codex Alimentarius, dos sistemas de aseguramento da calidade e das alertas alimentarias. Por tanto, cando chegan a Garantía de Calidade fixéronse conscientes xa da importancia dunha boa xestión da calidade nos diferentes aspectos e das bases nas que se fundamenta esta unidade didáctica. Comézase así encadrando a temática dentro do terreo da seguridade alimentaria, da problemática actual mundial na alimentación, de como se xestionan as crises alimentarias, para pasar a explicar cales son os protocolos nos que se basean as institucións e empresas alimentarias, que son a base desta unidade didáctica: a Xestión da Seguridade Alimentaria. |
Description: | Titulación: Grao en Nutrición Humana e Dietética -- Materia: Garantía de Calidade |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/9851 |
ISBN: | 978-84-9887-991-9 |
Rights: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
Collections
-
- AC-Unidades didácticas [51]
- SNL - Unidades didácticas [121]
Except where otherwise noted, this item's license is described as © Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Related items
Showing items related by title, author, creator and subject.
-
Acordo do Consello de Goberno do 05-05-2011 polo que se modifican algunhas titulacións de máster oficial
Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno (2011-05-05) -
Reevaluación de la toxicidad in vitro de los azaspirácidos y de sus efectos sobre la morfología celular
Raposo García, Sandra (2020)Los azaspirácidos son ficotoxinas marinas producidas por dinoflagelados del fitoplancton pertenecientes principalmente a los géneros Azadinium y Amphidoma. Este grupo de toxinas marinas, identificado por primera vez a ... -
Acordo do Consello de Goberno do 05-05-2011 polo que se aproba a modificación de algunhas titulacións de máster
Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno (2011-05-05)