Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorCrujeiras Casais, Rosa María
dc.date.accessioned2014-02-25T12:41:03Z
dc.date.available2014-02-25T12:41:03Z
dc.date.issued2013
dc.identifier.isbn978-84-9887-958-2
dc.identifier.otherD.L.: C. 55 - 2013
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/9902
dc.descriptionTitulación: Grao en Enxeñaría Informática -- Materia: Estatística
dc.description.abstractAs bases da probabilidade e a estatística, segundo a Association for Computing Machinery e a IEEE Computer Society, subxacen aos conceptos de fiabilidade, seguridade e dependencia, factores fundamentais no ámbito da Enxeñaría en xeral e da Enxeñaría Informática, en particular. Con esta premisa, as devanditas asociacións elaboraron unhas guías para o deseño dos currículos formativos nos Graos en Enxeñaría Informática, onde se establece como obxectivo fundamental que o alumnado destes títulos adquira coñecementos dos modelos de probabilidade discretos e continuos, das distribucións na mostraxe, dos métodos de estimación e contraste e do modelado a través da regresión. No currículo do Grao en Enxeñaría Informática da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Estatística é unha materia do segundo semestre do primeiro curso, pertencente ao módulo de Matemáticas xunto con Álxebra, Fundamentos de Matemáticas, Matemática Discreta (primeiro semestre) e Cálculo e Análise Numérica (segundo semestre). Todas estas son materias básicas e polo tanto de carácter xeral, nas que se debe realizar unha tarefa de nivelación dos coñecementos do alumnado, proporcionando asemade os alicerces metodolóxicos para desenvolvementos posteriores noutras áreas como a representación gráfica ou a xestión empresarial. Nesta unidade didáctica presentaranse inicialmente os obxectivos da UD III (Inferencia Estatística), detallando a continuación os contidos máis relevantes da mesma considerando á súa vez tres bloques temáticos diferenciados (introdución á Inferencia Estatística, estimación de parámetros e contraste de hipóteses). Para unha selección adecuada dos contidos a incluír na UD, debe terse presente que o obxectivo final da Inferencia Estatística é tirar conclusións sobre una poboación (conxunto homoxéneo de individuos sobre os que se estudan características observables). Estas conclusións sobre o comportamento da poboación poden referirse a aspectos paramétricos, a comportamentos globais da distribución ou a comparativas con outras poboacións ou entre grupos dentro da mesma. Así, as técnicas da Inferencia Estatística poderían clasificarse en dous tipos, atendendo ao seu obxectivo final, se ben ambos os dous están estreitamente relacionados: a estimación de parámetros, de maneira puntual ou mediante intervalos, e o contraste de hipóteses. Abordar estes problemas dende un enfoque xeral presenta unha gran dificultade matemática, que excedería os coñecementos do alumnado de primeiro curso, polo que os contidos desta UD restrinxiranse, nun primeiro termo, a poboacións normais e ao estudo de proporcións. Malia a imposibilidade dun tratamento amplo do problema da estimación de parámetros, incluiranse algunhas breves mencións ás metodoloxías xerais de estimación, rematando esta UD con algunhas nocións sobre contrastes non paramétricos. Os contidos desta UD atópanse distribuídos en tres bloques temáticos, consecutivos no tempo, dado que cada un deles senta as bases do seguinte. As gráficas presentadas foron elaboradas co software estatístico R. No Anexo, inclúese unha breve presentación da libraría rpanel, en concreto, da utilidade rpcartoons que permite realizar algunhas ilustracións gráficas relacionadas cos contidos desta UD.
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Estatística ; 3
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectEstimador
dc.subjectContraste de hipóteses
dc.subjectContraste de hipótesis
dc.subjectEstimación por intervalos de confianza
dc.subjectModelo de regresión lineal simple
dc.subjectMétodos de estimación e contraste
dc.subjectMétodos de estimación y contraste
dc.subjectRegresión
dc.subjectEstatística
dc.subjectGrao en Enxeñaría Informática
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::12 Matemáticas::1209 Estadística::120908 Fundamentos de la inferencia estadística
dc.titleInferencia estatística
dc.typebook
dc.rights.accessRightsopen access
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Estatística e Investigación Operativa
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola Técnica Superior de Enxeñaría


Ficheiros no ítem

application/pdf
Nome: Rosa María Crujeiras Casais_UD3 AC.pdf
Tamaño: 1.344 Mb
Formato: PDF


Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem

© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
A licenza do ítem descríbese como
 © Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)





Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións