Conservación por calor
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/9904
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Conservación por calor |
Autor/a: | Cobos García, Ángel Díaz Rubio, Olga |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias |
Palabras chave: | Termobacterioloxía | Termobacteriología | Tratamentos térmicos | Tratamientos térmicos | Termización | Pasterización | Pasteurización | Esterilización | Tecnoloxía do Procesado de Alimentos | Grao en Nutrición Humana e Dietética | |
Data: | 2011 |
Editor: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Serie: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Tecnoloxía do Procesado de Alimentos ; 2 |
Resumo: | Esta unidade didáctica denominada Conservación por calor forma parte da materia «Tecnoloxía do procesado de alimentos» que se impartirá no primeiro semestre do 2º curso do Grao en Nutrición Humana e Dietética. A materia estrutúrase en diferentes unidades didácticas, tratando cada unha delas as diferentes tecnoloxías de procesado dos alimentos, tanto de conservación coma de transformación. A presente unidade didáctica aborda a conservación dos alimentos por calor. Este método permite destruír os microorganismos, pero se o tratamento térmico é excesivo, altéranse as características sensoriais e nutritivas dos alimentos. Nesta unidade didáctica estudarase o tratamento térmico que se debe aplicar a cada alimento e cales son os tipos e métodos aplicados na industria alimentaria. A materia «Tecnoloxía do procesado de alimentos» conforma, xunto con outras troncais, o conxunto de estudos referidos ao módulo de Ciencia dos Alimentos dentro do Grao de Nutrición Humana e Dietética. Entre unha das competencias específicas que adquirirá o alumnado neste módulo está a de coñecer os sistemas de produción e os procesos básicos na elaboración, transformación e conservación dos principais alimentos. Esta competencia desenvolverase nesta materia. Como resultado da aprendizaxe, o alumnado coñecerá os principais procesos básicos, tanto de conservación coma de transformación dos alimentos e capacitaraos para comprender os principios básicos da tecnoloxía do procesado de alimentos para relacionar as modificacións que se producen nestes como consecuencia dos procesos tecnolóxicos que sufriron durante a súa elaboración. Esta Unidade Didáctica centrarase nun proceso de conservación moi importante, como é a calor. O alumnado coñecerá como afecta a calor aos microorganismos e compoñentes dos alimentos relacionados coa calidade (enzimas e nutrientes) e cales son os métodos para a súa aplicación. Así mesmo, as competencias que adquira o alumnado nesta materia serviralle de base para coñecementos que obterá no Grao noutras materias como Tecnoloxía Culinaria, Nutrición Humana, ou optativas como Ciencia e Tecnoloxía da Carne e Peixe, Ciencia e Tecnoloxía do Leite e Produtos Lácteos e Ciencia e Tecnoloxía de Produtos Vexetais. |
Descrición: | Titulación: Grao en Nutrición Humana e Dietética -- Materia: Tecnoloxía do Procesado de Alimentos |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/9904 |
ISBN: | 978-84-9887-741-0 |
Dereitos: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
Coleccións
-
- AC-Unidades didácticas [51]
- SNL - Unidades didácticas [121]